21.6.05

d+2 ou d-6?

Hoxe é un bo día para empezar.
Hoxe que non se sabe se o patrón seguirá na súa poltrona ou se outro(s) virán substituílo.
Ou si se sabe?
Moitos números lidos din que non seguirá.
Fiémonos e apostemos por d+1.
A min gustaríame oírlle o discurso ese que di ter preparado dende hai quince anos.
Pero o que máis me gustaría é, de aquí a catro anos, non ter que arrepentirme da miña escolla de hoxe.

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

E dalle con andar pensando que pasará se..., e que se fagotal no sei se..., e se acaso digo tal quizáis...,
Hai que botarlle ovarios/collóns e asumir os propios erros e derrotas. E se son éxitos e que mereciamos a recompensa.
fixemos o que había que facer.
Votamos aos que había para votar,
e botamos aos que habñia que botar.

30/6/05 20:09  
Blogger edu dixo...

Non houbo dúbida. E o de arrepentirse ten tamén moito que ver coa capacidade que nós mesmos teñamos de axudar a conducir correctamente a xestión.

1/7/05 09:02  
Anonymous Anónimo dixo...

Axudar, axudaremos, non o dubido..., ti, e máis eu, e tamén outro/as moito/as, pero a xente en xeral, o/as decreído/as van estar agardando o máis mínimo erro para botárselles enriba.

Con moita máis saña do que se botarían aos do PP (Caso claro do Prestige, nada máis perto e máis cheirento)
Así que haberá que estar bastante á defensiva, fagan o que fagan... porque sempre será mellor do que farían os outros, aínda que non estea de todo ebn feito, e mesmo fagan algunha chapuzada.

!Por Breogán!, que polo menos se leven ben, e sobre todo, amosen á xente en xeral, a/os descreído/as, que se levan ben aínda que se estean a poñer chinchetas nas sillas das mesas dos seus despachos.

O PP ensiñounos o útil que é a propaganda e a publicidade.
contamos só con catro anos, polo de agora, así que aprendamos un pouco do inimigo, aínda que os seus métodos nos parezan noxentos.

Non sei o que estou a dicir, serán os nervos ou a incertidume.

Desculpade os ex abruptos.
Así que un regaliño ¿OPTIMSTA? para compensar. De Celaya, don Gabriel:

Invoco a los amantes, los mártires, los locos
que salen de sí mismos buscándose más altos.
Invoco a los valientes, los héroes, los obreros,
los hombres trabajados que duramente aguantan
y día a día ganan el pan, mas piden vino.
Invoco a los dolidos. Invoco a los ardientes.

Unha pequena pega, don Gabriel, que sería do mundo sen as mártires, as amantes, as valentes, as obreiras, as dolidas e as ardentes...

1/7/05 14:05  

Enviar um comentário

<< Voltar