21.6.05

Apuntes camiño do 27-X

"Os emigrantes decidirán o goberno de Galiza."

Será que os galegos da diáspora (e toda a súa descendencia documentada) elixen 38 deputados?

No debate do domingo á noite Bello Janeiro dicía que non entendía como podían chegar a pactar dous partidos cuns programas electorais tan diferentes.

Preguntaríase Bello Janeiro por que o PP é absolutamente incapaz de pactar con ninguén?

Rajoy derrotado.

Derrota doce. De perder, será por un milímetro. E, en todo caso, que non fose por máis diferenza é, probabelmente, obra súa.

Aínda así, haberá que ver como manexa o seu gando cun Baltar fortalecido e un Feijoo máis golpeado.

Quintana derrotado. Pero como, semella, o BNG entrará no goberno, non haberá autocrítica ningunha.

Non a houbo despois da derrota nas europeas...

3 Comentarios:

Blogger Cesare dixo...

Baltar foi máis golpeado ca Núñez Feijoo en votos. Está incerto o horizonte. A raíña asumiu responsabilidades e anunciou autocrítica, se ben sempre me parece que as responsabilidades sempre as asome a persoa trabucada. Nas xerais a culpa non foi do candidato, nas europeas tampouco, aquí si.

22/6/05 13:59  
Blogger edu dixo...

Non é tan importante quen é o que máis perde realmente como quen é o que parece que máis perde.

Igual que non é tan importante o que é certo como o que sae na prensa.

Penso.

22/6/05 17:07  
Anonymous Anónimo dixo...

e aínda está por aparecer algún Tamayo de debaixo das tarimas de madeira..., é o problema de non ter posto o matarratos a tempo.

30/6/05 20:17  

Enviar um comentário

<< Voltar