O importante
O outro día o Celta foi a Bilbao xogar un partido de liga. A véspera do partido o adestrador, Fernando Vázquez, decidiu levar os xogadores ver o Guggenheim. Levounos. Chegaron ata a porta. Decidiron que o de entrar a un museo non ía con eles. Marcharon dar unha volta pola cidade.
Un par de días despois, nun programa deportivo (léase "futbolístico") en RNE entrevistaban ao presidente da LFP a propósito de que varias ligas europeas ían propoñer á UEFA a introdución de cámaras para colaborar a arbitrar os partidos. A continuación, e introducido por un "pasamos a un tema moito máis importante e grave" do presentador do programa, comentaron unha iniciativa lexislativa europea que ía permitir transmitir en directo por internet e aos móbiles secuencias dos partidos de fútbol das ligas europeas, sen que se requira por esas transmisións pagar dereito ningún. Excuso glosar a opinión do presidente da Liga ao respecto.
Non é que estas cousas me sorprendan. Sorpréndeme só a naturalidade coa que parece que temos que tomarnos todo isto.

1 Comentarios:
O primeiro que dis dá un pouquiño de pena, pero, pensándoo ben, eu sería moi quen de facer cousas parecidas. Nunca fun a un partido de fútbol porque non me gusta e creo que se estivese diante da porta dun estadio tamén diría "mira, sinceramente, a min préstame máis ir dar unha volta".
Enviar um comentário
<< Voltar