23.6.05

Sobre o veto do Senado

Reflexión 1: O Senado vetou un proxecto de lei de matrimonio gai aprobado polo Congreso e, dentro duns días, o Congreso volverá aprobalo. Para que vale o voto do Senado? Neste caso, agradécese que as cousas estean así. Pero é evidente que, ou se reforma o Senado e a súa influencia na aprobación das leis ou mellor é poñerlle o pecho. Aforrariamos todos tempo e pasta.

Reflexión 2: Abstencións por motivos de conciencia son unha falsidade. Se a conciencia che di que Polaino ten razón, vota en contra, meu neno, dá a cara.

Reflexión 3: Din os bispos que a homosexualidade é unha "inclinación obxectivamente desordenada". É curioso como o termo "obxectivamente" se aplica de xeito falaz para dar validez ao adxectivo "desordenada", claramente subxectivo. "Inclinación"... aí téñoo máis complicado... Cara a onde? Cara a esquerda?

Reflexión 4: 131 votos a favor do veto. A maioría absoluta do Senado son 130. 119 votaron en contra, máis dúas abstencións. Paco non estaba. Igual que outros seis. Quen eran? Eu non sei o que fixeron cos meus repolos, pero si sei onde non foron dar a cara.

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Reflexión única:
é tan fácil falar dende hoxe, día tan feliz para tanto/as que probabelmente non casen, pero que o poderán facer se agora queren tamén ter sogra a quen por a parir!

Aínda queda que papá Mariano acoda ao Constitucional para queixarse de que esto se fixo tarde, e que de facerse alá polo ano 78 el hoxe militaría no PSOE..., e pode que el mesmo fose presidente do goberno de España, e que mesmo esperase presentarnos ao seu "primeiro damo"..., en fin, un mixiricas a destempo. E por riba, envexoso.

30/6/05 20:31  

Enviar um comentário

<< Voltar