6.9.05

Mirar para outro lado (II)

Lin nunha novela de Murakami unha aseveración que non vén ao caso pero que me fixo pensar no seguinte asunto: escribir sobre o que se sabe ou escribir sobre o que non se sabe.

Escribir sobre o que se sabe semella unha iniciativa pouco aventurada. Escribir sobre o que se descoñece pode pasar por charlatanería barata.

Cal debe ser a postura do artista? A aseveración ou a procura?

Encadeado coa idea da primeira ollada para outro lado: a aprendizaxe, a disolución das emocións do texto virtual (desaprender), atopar ou extraviar coñecementos.

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

tendo en conta que poucos autores falan con sinceridade sobre o que saben, resulta case que unha necesidade experimentar nese campo, tendo en conta que as posibilidades son infindas, incluso para redescubrirse a un mesmo.

19/9/05 18:01  
Anonymous Anónimo dixo...

Se é unha aseveración á de parecer procura, se é procura á de parecer aseveración.

Non é por hipocresía ou falsidade, é finximento, e non é outra cousa escribir. A fórmula cada quen ten a súa, pero esta pon o lector máis no medio, que ten que dexergar e decidir.

...digo eu (;-)

14/10/05 13:45  
Blogger edu dixo...

Estou de acordo con caravelete en canto ao finximento, a máscara, que vai de seu con calquera texto literario. E non hai, como ben di, conflicto ético ningún por iso.

A dúbida, se cadra, é porque o pensamento eu situábao nun momento moi anterior no proceso de produción textual. Eu estaba pensando no momento previo ao comezo da escrita e caravelete está no momento entre a escrita e o lector.

Aínda que a ética do texto non ten por que mudar entre un momento e o outro, a estratexia non é a mesma.

17/10/05 08:59  

Enviar um comentário

<< Voltar