Perdas
Experimento a tristura da perda. A tristura que permanece despois de tentar acadar algo bonito e escapa. "S'échappe" Outra vez ese verbo que Iro (léase en francés) tentou describirme hai xa uns anos nun café de Saint-Germain e eu non era quen de atopar a simple asociación etimolóxica, perdido nos seus ollos.
É o que ocorre cando queres apreixar algo e salta cara a adiante. Un grilo. Un pequeno paxaro.
Non é frustración, porque cando tomas a decisión de achegarte xa sabes que sucederá a fuxida. Pero mesmo así vas e sucede.
"S'échapper", "Irse de las manos" di o dicionario que atopo aquí a carón.
Esa é a sensación. A da perda. A do que foxe.
Sabes que sucederá e mesmo así vas. O inevitábel da dor. A dor da perda, o baldeiro.
Onte cruceime cunha nai que viu morrer a súa filla. Non foi "s'échapper", foi esvaerse a tristura entre os dedos.
Eu vexo fuxir a beleza. Ela ten para sempre a beleza atoándolle o sangue.
Pensei que a miña dor é superficial, volátil.
Pechar os ollos, dar a volta, fuxir cara a calquera infinito.

2 Comentarios:
Síntoo... estános visitando o señor spam (ou será unha señorita?) e por iso tiven que borrar un par de comentarios...
Ninguén se libra.
O día 14 acabo de nacer e... sabes?, ao final non foron os mesmos de sempre os que se lembraron. Grazas, pequena tristura.
Enviar um comentário
<< Voltar