10.7.06

realidade ou ficción?

- o xefe de estado do imperio pequeno (e consorte) prostérnanse diante do xefe doutro estado
- a televisión pública de valencia dedícalle ao tal xefe doutro estado máis de 15 horas seguidas de retransmisión en directo emulando a performance de tve no funeral do predecesor.
- o líder da oposición láiase de que se ignoren os principios da fe á hora de lexislar
- e mais sitúase en desacato (ou como se chame) desprezando a representación do estado do presidente do goberno
- h5n1 provoca pánico porque un avechucho chegou griposo a araba
- israel segue a machacar os territorios palestinos aínda que iso xa non sexa nova de portada
- os pilotos de iberia que gañan unha pasta inmoral decláranse en folga estragando as vacacións de moita xente que gaña ben menos

creo que prefería falar do mundial. mesmo a pesar do gañador final e da saída de ton do seu, malgré tout, balón de ouro.