20.6.06

a voltas cos números

achéganme unha ligazón aos resultados do referendo do estatuto galego en 1980.

como pode observarse, a participación naquela consulta foi dun cativo 28,27%.

un 73,35% (algo menos que antonte en cataluña) votou a favor e un 19,77% votou en contra.

tampouco non había consenso político. houbo os que impulsaron o "si" (maioritariamente os partidos españois e algún nacionalista moderado), os do "non" (nomeadamente as principais referencias nacionalistas) e mesmo houbo quen impulsou o voto en branco.

o pp dixo o outro día que, se un 53% do censo non votaba si no referendo de cataluña ían promover unha nova reforma estatutaria.

o actual estatuto galego foi aprobado en 1980 por algo menos do 21% do censo galego.

sen apoio popular nin consenso político.

as conclusións, déixollas a cada quen.

2 Comentarios:

Blogger marcos valcarcel dixo...

Se tes un momentiño de vagar, convidámoste a visitar e máis a participar nunha bitácora que quere traballar por defender o galego en positivo:
www.blogoteca.com/falamosgalego/
Un saúdo cordial.

25/6/06 19:11  
Anonymous Águia de Cartago dixo...

Eu non é por atirar pedras contra o meu propio tellado feito con tella do país, pero o certo é está demostrado que con bastante probabilidade o Estatuto Galego do 36 foi aprobado por pucherazo, é dicir, que "alguén" manipulou as urnas para conseguir o resultado agardado e que a participación foi aínda máis baixa que no actual. As razóns, exculpantes ou non, que cada quen xulgue, serían:
- a maioría leonina que esixían as aprobacións de Estatutos na II República, creo que por volta dun 75% DO CENSO (é dicir, que se só acudía as urnas un 75% da poboación tiñan que votar todos que si para que servise, entendíase o ficar na casa, voto nulo ou abstención como un voto negativo).
- unha poboación desinformada, que seguía igual de desinformada ou máis a comezos dos 80. Non podes votar un estatuto se non sabes o que é, e xa non digamos se non sabes o que é votar. Meu pai lembra á xente da mesa electoral no 78 explicándolles ao vellos que por poder podían votar o que quixesen pero que "a idea era traer unha monarquía constitucional, con democracia, como Europa" (e os vellos obedecían, aquí somos moi mandadiños).
- que tendo en conta o dito, hoxe teríamos o mesmo status que Asturies, incluído o status lingüístico do bable (leonés do norte), e aí quería ver eu un bipartito (pedindo á baixa).

Así que non nos queixemos de vicio e crucemos os dedos (e as dedas) para as eleccións do novo estatuto.

Por certo, hoxe gañou a miña segunda selección (calquera que xogue contra España), a mágoa é que xa non fique ningún equipo Africano en liza, pero enfín, gañarán os lusófonos coma sempre (síntoo meu compadre vacuno, un día tes que explicar de cal das tres razas nacionais arxentinas ves sendo).

28/6/06 02:20  

Enviar um comentário

<< Voltar