8.6.06

entre a paixón e o somnífero

ohqtomr e mais eu estabamos entusiasmados co tema da tregua. pensabamos que teríamos un interesante período de debate. pero esquecemos ter en conta unha dereita tan radicalizada.

levounos só unhas poucas semanas comprobar que o pp só apoia o goberno para que eta abandoe as armas.

para iso non se precisaba apoio ningún.

será que o pp pensa realmente que eta vai abandoar as armas sen contrapartida de ningunha clase? "vinde, muchachos, deixámosvos aquí as armas porque, uf, é un fastidio, pasamos xa do rollo ese da e a liberación nacional".

a dereita non asumiu aínda que non dirixe a política española. nin a política antiterrorista nin ningunha outra política.

decidiron utilizar todas as armas de que dispoñen para derribar o goberno. a calquera prezo. pero teño a impresión de que o prezo que van pagar é o dunha derrota electoral aplastante.

non me apetece nada, francamente, poque iso pode desembocar nun goberno do psoe con maioría absoluta. e iso non é bo. as maiorías absolutas deberían erradicarse do sistema parlamentario. máximo 45% de escanos.

pero non poñamos o carro diante dos bois. ata as próximas eleccións españolas aínda temos tempo de bocexar cantidade co discurso monocorde made in acebes-zaplana-rajoy.

e que non nos pase o desta tira de macanudo. ou si...

3 Comentarios:

Blogger Desorde dixo...

se cadra, eta deixa as armas. o pp, non.

8/6/06 16:45  
Anonymous Anónimo dixo...

E o pior é que a lóxica desquiciada que moitos imaxinábamos segue a confirmarse. O PP non quere a paz, porque un mídese pola categoría dos seus inimigos, e ETA é un inimigo de demasiada categoría como para botalo a perder facendo as paces con el. ETA só pode desaparecer derrotada por eles ou ante un inimigo maior. Do primeiro están máis lonxe que nunca, do segundo non hai candidatos, sobretodo agora que xa non son un partido "cristián" (desbotaron o termo en non sei que congreso, seguramente movidos polo seu inexplicábel lobby gay), e xa que o inimigo islamista fallou aí e a xente volveuse contra o xiro lepeniano ou haideriano que pretendían dar ao 11-M.
A lóxica desquiciada segue valendo: o terror, o medo na xente, favorece ás dereitas, por iso ETA non pode desaparecer, e moito menos pedir perdón e demostrar que non é esa máquina de matar, mala por natureza e sen escrúpulos, que quere destruir a democracia.
E ademais, non se sentou a esquerda a falar con terroristas (de estado) despois da morte de Franco? E non o fixeron eles mesmos con ETA non hai moito? É que están comezando a crerse as súas propias mentiras?
Por certo, a liberación nacional si que é un rollo, pero mesmo así saúdemos cunha salva de palabras esta tregua, que inaugura a nova guerra de ideas. E nesa, nen claudicación, nen esquecemento. Até a victoria, sempre.

8/6/06 17:21  
Anonymous Anónimo dixo...

Co de que non debería existir a maioría absoluta estou de acordo xa que normalmente provoca que ata a persoa ou partido máis democrático se volva antidemocrático.
Co de que os "erros" que está a cometer a oposición do pp serán reflexados nas eleccións cunha derrota aplastante non estou tan convencido. Hay moita xente que non se da conta ou non se quere dar de moitas cousas das que fan os señores da dereita, e eso xa o vimos en ocasións pasadas.

9/6/06 16:08  

Enviar um comentário

<< Voltar