selos
levo varios días remoendo sobre o asunto da fraude filatélica. conversei o asunto con distintas persoas e tirei algunhas conclusións.
é unha verdadeira putada que a xente perda os seus aforros porque os inviste de boa fe nun sitio onde lles prometen altos dividendos e os estafan. pero é responsabilidade de cada un saber onde mete os seus cartos, que garantías se ofrecen, que riscos se corren
o estado non ten responsabilidade económica neste caso. quer dicir: non está obrigado a compensar económicamente as perdas dos aforristas de forum e afinsa. non imos pagar todos polas metidas de pata dos demais. ou acaso eles pensaban compartir connosco os beneficios obtidos se o investimento non resultaba en fraude?
investir en selos é como investir en ladrillos. se ti mercas un piso e o construtor marcha a waikiki cos cartos da entrada, hai que facer como fan os xaponeses.
- como fan os xaponeses?
- fódense.
non vale defender un sistema de estado non intervencionista para unhas cousas e despois ir pedirlle ao estado un salvavidas cando se desata a tormenta.
isto non quere dicir que non sexa necesario pensar en restrinxir e controlar mellor as actividades deste tipo de empresas. a liberdade de oferta e a flexibilidade do concepto "publicidade enganosa" son unha bomba de reloxoaría.

3 Comentarios:
Subscríboo totalmente.
Unha aperta
A min non me dan moita pena. Avaricia + cobiza = timo da estampita.
O que si que me subleva é a permisividade das leis e das autoridades con estas bandas de aproveitados organizados que actúan impunemente sen que ninguén os controle (seguramente por iso había tanta xente querendo invertir aí, nese sitio tan escuro e pouco controlado, para aforrar os impostos...)
Se calquera de nós monta un pequeno negocio habíannos de controlar ata o último patacón e esixirnos o quiñón que lles toca.
Hai un ano recomendei a un curmán que non investise nese negocio tan ventaxoso e "sen ningún tipo de risco" como lle aseguraban. Non teño claro se me fixo caso ou non.
Enviar um comentário
<< Voltar