27.4.06

stop @

o asunto ese de andar poñendo arrobas no medio das palabras para resultar politicamente correcto paréceme unha trapallada.

pero tampouco é cuestión de poñelo e poñela todo e toda en masculino e feminino.

é unha horterada.

é como un parche. xa que o machismo e a discriminación son difíciles de arreglar, entón poñemos arrobas para que pareza que españa va bien.

feitos, non palabras, que diría... quen?

coido que case todos e todas ou moitos e moitas.

socorr@@@@@@@@!

7 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

En que queremos feitos e non palabras...estamos totalmente de acordo. Pero a min gústanme as @ e non custa nada poñelas. Se temos feitos e @ quizais estemos cerca dalgo impostante, non?

27/4/06 16:21  
Blogger edu dixo...

non o creo.

máis ben penso que se temos feitos non serían precisas as arrobas.

que se tivésemos feitos, a ninguén se lle ocorrería semellante parvada.

27/4/06 18:18  
Anonymous Anónimo dixo...

Estou totalmente de acordo con ohqtordv. Para min andar poñendo en masculino e feminino todo o que escribo é moi molesto e estou seguro de que tamén o é para quen o ten que ler. Creo que o de andar dándolle voltas ó de escribir referíndose ós dous sexos non demostra máis que segue habendo desigualdade, e continuo estando de acordo con ohqtordv en que non é máis que unha máscara na que se agocha a realidade.

27/4/06 19:04  
Blogger Marinha de Allegue dixo...

Entón o feminino xenérico que lles parecería?.

Unha aperta.
:)

28/4/06 00:35  
Blogger edu dixo...

aí, marinha, podiamos entrar nunha discusión filolóxica porque o xenérico en galego non é un uso do masculino senón unha evolución normal dos neutros latinos (-um).

de todos os xeitos, estamos no mesmo caso. non se trata de arrobas ou arrobos, tampouco non se trata de feminismo, senón de igualdade real, de respecto real.

28/4/06 09:10  
Blogger Caufield dixo...

non se crea que a min me entusiasma demasiado :(
e tampouco o uso demasiadas veces (aínda que si no comentario que lle deixei o outro día :D)
moitas veces poño o masculino ou o feminino, que non entendo nada do filolóxico pero concordo con que a igualdade está lonxe, moi lonxeeee...
hai tamén quen pon asteriscos...
tod*s
?
as palabras son un reflexo do que hai ou o que hai é un reflexo das palabras?
a pasalo bomba!

28/4/06 14:29  
Blogger osondaxordeira dixo...

canto me gusta isto, caufield: "as palabras son un reflexo do que hai ou o que hai é un reflexo das palabras?".

28/4/06 23:45  

Enviar um comentário

<< Voltar