26.4.06

perspectivas

non sei se víchedes estes días un proxecto de lei do grupo socialista no parlamento español en relación cos dereitos dos grandes simios.

é curioso como un pode cambiar (perder) as perspectivas...

o proxecto resulta, dende unha óptica europea, progresista. é interesante que un partido político demostre preocupación polos dereitos dos animais.

onte, nunha tertulia radiofónica, a presentadora sacou o tema a colación. os tertulianos, todos escritores (ou algo así) latinoamericanos, comezaron a facer comentarios irónicos do proxecto. un deles parecía gardar silencio pero algo debeu escapárselle porque

presentadora: jorge, paréceche divertido?
tertuliano: estou tirado polo chan da risa. non se lles ocorreu pensar en facer unha lei para garantizar eses dereitos aos inmigrantes, aos nenos pobres?

8 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Estou de acordo en que os gobernos deberian facer leis que garantisen a protección e facilitasen unha boa vida ás persoas que por desgraza non a teñen(Tanto persoas que viven na pobreza, como inmigrantes e outras moitas máis) Aínda que tamén creo que unha cousa non quita a outra.
Creo que se poden facer leis para protexer aos animais e leis que protexan ás persoas que ao fin e ao cabo ven sendo o mesmo. Pode que sexa prioritaria a protección das persoas pero tamén é importante protexer o medio no que vivimos, tanto aos animais como aos demais compoñentes da natureza.

26/4/06 16:15  
Blogger Desorde dixo...

... o típico rollo guai de quen non se lle ocurre ningunha outra cousa. e mira que hai problemas ambientais en españa...
... tamén eu escribín algo ó respecto. unha aperta

26/4/06 19:41  
Blogger nenodanorita dixo...

Fixen a xestión esa, máis ó final xa tiñan pechada a viaxe. O 29 presentase na feira do libro de Bs.As. o libro de Lojo en galego...
Unha apreta.

26/4/06 20:08  
Blogger acedre dixo...

Todo o que sexa en avanzar nos dereitos humanos ou dos animais e un progreso. Sei que hai cans e gatos que viven millor ca muita xente pero son minoria dentro dos cans e gatos asi que vai polo resto que sofre, non?.

27/4/06 05:29  
Blogger edu dixo...

concordo cos comentarios todos.

evidentemente, que faga falta amañar os dereitos dos traballadores non quere dicir que non se poidan facer leis para ordear o gasto farmacéutico.

o post ía porque me impresionou decatarme (cando oín o comentario do tertuliano) de que non se me pasara pola cabeza facer tal razoamento.

de todos os xeitos, se tivese que decantarme pola postura de acedre e merlín (dunha banda) ou pola de desorde (da outra) quedo coa de desorde. a min a historia sooume a rollito guai. francamente.

27/4/06 09:21  
Blogger edu dixo...

recomendo, ao respecto, a lectura deste pequeno post de desorde.

27/4/06 09:28  
Blogger caravelete dixo...

¿E os dereitos das vacas que? Hoxe xa non as hai que tiren de arados nin de carros polo prezo dunha cutre mantenza, pero iso de dar 20 litros de leite diarios, e que non sexan prara os fillos senón para que os regalen nun hipermercado... Converter o alimento dos becerriños en reclamo para as compras dos sábados tamén ten o seu delicto.

27/4/06 12:21  
Anonymous Anónimo dixo...

Estou de acordo co que dixo Desorde. O que pasa é que cando escribín o meu comentario tiña por suposto, equivocadamente, que cando alguén que está acostumado a falar nunha tertulia ou escribir artigos pensa ben antes de falar e non di a primeira parvada incoherente que lle ven á mente. Aínda que polo visto parece que nalgúns casos non é así.

27/4/06 19:12  

Enviar um comentário

<< Voltar