27.3.06

ventos

chegou con que marchase paquiño para que a natureza puxese cada cousa no seu sitio.

de todos os xeitos, o seu sucesor promete repoñer a bandeira onde estaba.

outros ventos:

son diversos os que sopran estes días en euskadi.

eu, que non preciso ser políticamente correcto, e que me paso polas ubres o pensamento único aznarista que sobrevive en todos os foros teño moi claro que hai que negociar con eta. que hai que negociar sempre. en todos os casos. para todas as cousas. se un rexeita a violencia como modo de conseguir un obxectivo político, con que cara pode, asemade, rexeitar a negociación?

e unha cousa que se non dixen antes, penseina: as vítimas do terrorismo teñen dereito ao odio, teñen dereito a desexar vinganza. pero a política dun estado non pode estar condicionada por eses sentimentos. debe ter en conta outras consideracións, debe realizar outras análises. non digo que a negociación con eta deba ignorar as vítimas. pero de ningún xeito as vítimas teñen que estar no centro da negociación.

e moito menos personaxiños sinistros como alcaraz, que non responde tanto aos intereses das vítimas canto aos da máis rancia dereita españolista. esta mañá falaban na radio dunhas declaracións súas a respecto da tregua que me deixaron frío. quixen poñelas aquí pero non atopo unha fonte de onde copiar a cita.

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

A verdade é que eu creo que a xente xa debería saber de sobra que a violencia non se resolve con violencia xa que os que a pretenden solucionar caerían no mesmo erro na visión de como solucionar as cousas.
Hai moitos exemplos que amparan esta opinión miña, por exemplo: moitas das guerras que se fixeron ó largo da historia intentando facer un cínico ben como a que tan cerca está de nós e que segue dando de que falar. Os que a fixeron "aparentemente pretendían derrotar a dictadura e o terrorismo" que había alí e o único que conseguiron é que se acentuara aínda máis o terrorismo e que sucedan máis conflictos violentos a diario.
Sobre o do odio tes moita razón, quizais sexa moi normal ter odio e gañas de vinganza nestas situacións pero se nos deixásemos levar por eses sentimentos só conseguiríamos meternos nun cículo vicioso no que as víctimas descargarían o seu odio enriba dos terroristas facendoos dalgunha forma a eles víctimas do seu odio e así ollo por ollo e dente por dente.
Ademáis, neste país temo que hai persoas que o que queren en realidade é que o terrorismo non remate quen sabe por que motivo.
E algunhas declaracións mellor non oílas porque o único que se consegue é que se che poña o corpo mal.

27/3/06 14:46  

Enviar um comentário

<< Voltar