hamlet
onte ohqtomr foi a territorio liberado (de paco) para asistir á estrea do hamlet que dirixiu lino braxe.
eu, coma sempre, non puiden ir. que xa se sabe que ás vacas non nos deixan entrar nos teatros. cando menos, non no patio de butacas.
ohqtomr chegou tarde pola noite bastante canso pero aínda tivo tempo de contarme algunhas cousas sobre a montaxe. dixo que é un espectáculo bastante longo pero aínda así non se lle fixo pesado. está moi ben de ritmo. a escenografía resulta. púxolle pegas á música, sobre todo á das transicións e resaltou o traballo dalgúns membros do elenco e a diferencia con outros.
xa se sabe, que me costa falar mal do traballo dos demais, así que desculparédeslle que non poña ligazón ningunha en "outros".
pero, en suma, un espectáculo que paga a pena ver. realmente o traballo de tosar e maceiras é notábel. e lino ben sei que con este espectáculo paga unha vella débeda que tiña coa súa profesión. foi ben agardar para chegar aquí.

1 Comentarios:
Habrá que procurar ir entonces!!!
Un saludo.
Enviar um comentário
<< Voltar