3.2.06

reflexións interrogativas sobre as caricaturas famosas

1) por moito que remoia non consigo xustificar unha chamada á violencia en defensa de ningún principio, por moi ofendido que se sinta o chamador.

2) cal sería a reacción dos medios de comunicación que hoxe se poñen do lado do xornal danés se mañá un xornal marroquí publica unha caricatura de bin laden sodomizando a juan carlos borbón?

3) quen se beneficia da tormenta desatada contra europa no mundo musulmán?

4) decote os medios de comunicación satanizan expresións de individuos diversos (líderes políticos, sociais, etc) cando consideran que atentan contra uns ou outros principios e ideas. a cruzada dos medios de comunicación europeos a raíz das reaccións que xeraron no mundo árabe as caricaturas, é realmente unha cruzada en defensa da liberdade de expresión? non é, de verdade, unha cruzada en favor dos seus intereses de lobby? síntoo, sei que hai moito xornalista no blogomillo, pero é que hai tempo que penso que os medios de comunicación non defenden ningunha liberdade senón só os seus intereses e os dos grupos económicos que os sosteñen.

5) imaxino que unha caricatura de mahoma cunha bomba no turbante foi feita como metáfora de quen usa a relixión para exercer a violencia. pero a lectura: "o islam pon bombas" é, tamén, posíbel. creo que deberiamos ser máis coidadosos coas xeralizacións que provocan estigmatizacións raciais ou sociais.

non se trata aquí (só ou fundamentalmente) dun problema de imposición de modelos? de quen ten (máis ou menos) dereito de impoñer aos demais o seu modelo de sociedade?

8 Comentarios:

Blogger Se Moncho dixo...

Nunca viches as historietas que apareciam há anos em EL Jueves tituladas Dios Mio?. Eram do melhor.

Que fariam os islamitas se alguém se lhe ocorrera fazer umha versom islâmica, metendo-se já nom como Maomé, mas com o mesmíssimo Alá?.

Evidentemente as empresas jornalísticas som isso, empresas, e defendem os interesses dos seus donos. Mas este caso é fundamentalmente umha amostra
da intolerância islâmica.

Permito-me recomendar-te o seguimento que disto fai o Diário Ateísta.

3/2/06 19:22  
Blogger Fer dixo...

É umha mostras da intolerância da religiom em geral, nom só do Islám. Nom fai falha mirar muito cara atrás e lembrar a obra de teatro "Me cago en Dios", que sufriu o acosso do clero cristiam nos madriles...big

3/2/06 20:08  
Anonymous Anónimo dixo...

Ninguén pode pretender que calquera crente e practicante ortodoxo sexa capaz de relativizar as súas crenzas e poñelas en dúbida, en mofa, en ridículo...?
Sexan seus deuses Alá, Jahvé, Deus..., ou o Capital.
Trampas do mono-teísmo...,
Será por iso que me atraen tanto as "relixións"/filosofías orientais nas que nada está por encima de nada, senón que cada cousa forma parte de un todo orgánico...

3/2/06 20:32  
Blogger edu dixo...

concordo. as relixións son organizacións xeralmente bastante intolerantes.

pero todo tipo de organización social está baseado en principios máis ou menos indiscutíbeis e se penaliza o seu cuestionamento. é o que se coñece como apoloxía do delicto.

creo que a maior parte de nós admitimos estes principios no noso cotián.

a min parécenme moi ben defender os propios principios. pero creo sobre todo na convivencia, no respecto á diferenza e na tolerancia.

que os musulmáns levanten a bandeira dos principios do islam sobre a nosa liberdade de expresión é autoritario e intolerante.

que occidente erga a liberdade de expresión por riba do respecto aos principios das sociedades musulmás tamén o é.

6/2/06 11:03  
Blogger torredebabel dixo...

totalmente de acordo. E sen falar do tan bo negocio que son as relixións, que iso tamén é importante para entender o asunto e a tolemía.

7/2/06 02:00  
Blogger oko dixo...

para falar deste tema hai que ter ben claros dous puntos: primeiro, o nivel de arraigamento da relixión nos países árabes, moito maior que nos nosos estados laicos. E segundo, ata que punto a liberdade de expresión non debe ser freada porque acada o nivel de falta de respecto.

Tamén, a quen lle compensa todo o que está pasando. Se querwen atacar un país, para que andan dando tantos rodeos? Necesitan xustificarse diante da opinión pública? E non poden mentir como fixeron xa tantas veces?

7/2/06 13:18  
Blogger caravelete dixo...

O respecto pode ser motivo para a autocensura, para limitarnos a nós mesmos o dereito á liberdade de expresión. Pero ten que partir de nós, o respecto é un sentimento, non pode ser prescrito e moito menos imposto, polo tanto tampouco esixido, en todo caso pode ser merecido.

Pero o respecto abarca moitas máis cousas que a relixión. Un só e esclarecedor exemplo: ¿a dignidade da muller non é merecedora de respecto? ¿xustificariamos que un grupo de feministas asaltasen unha embaixada dun país no que se practique a ablación?

Ó final Marx vai ter razón, a relixión igual si que é o opio do pobo. Eu respéctoa, pero non por riba de outras moitas cousas que me merecen o mesmo respecto. Se un día o meu fillo sae do colexio berrando consignas aprendidadas contra o Islam sácoo do colexio. Respecto que eles o estean facendo contra "occidente", pero non me pidades que o comparta. Non quero para min unha sociedade na que a relixión sexa o valor supremo, e como non a quero para min non a quero para ninguén, o contrario sería racismo.

8/2/06 09:43  
Anonymous Anónimo dixo...

e digo eu, porqué esto? porqué agora? ten que haber algo mais, e esto da liberdade de expresión fronte ó respecto ás crenzas alleas non será mais que unha escusa¿?
imaxinades a 3ª guerra mundial provocada por uns debuxos?
:0

8/2/06 20:27  

Enviar um comentário

<< Voltar