11.1.06

do novo dicionario da rag

veño de ler unha recensión en vieiros sobre o novo dicionario galego-castelán da rag.

lede a recensión e, se tiñades, perderedes logo todo interese pola tal magna obra.

lendo os comentarios á nota, quedo coa sensación de que se carga a responsabilidade da desfeita nos técnicos responsábeis do traballo.

sen pretender amnistialos creo que debe quedar moi claro (moito máis claro do que queda nos ditos comentarios) que a responsabilidade deste tipo de cousas é da institución.

se os técnicos que fan o dicionario non están capacitados, é responsabilidade da institución que os contratou.

e tampouco non me vale excusar bolseiros co argumento da súa escasa retribución monetaria. se unha persoa (ou vaca) acepta unha bolsa, acéptaa a conciencia da retribución que recibirá por ela. en diante, só resta desenvolver responsabelmente o traballo técnico que implica a bolsa.

7 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Alégrame a súa volta, xa tradaba en escribir...
Certamente a responsabilidade última é da institución mais o criterio individual debe ser do mais profesional non cree?
Unha aperta.
:)

11/1/06 15:28  
Anonymous Anónimo dixo...

Xa tardaba en escribir... Confundinme.
:)

11/1/06 15:29  
Blogger Veloso dixo...

Os dicionarios nacen mortos. A lingua é un cadáver malo de empanicar. Un saúdo.

11/1/06 16:20  
Blogger mariademallou dixo...

ai morita! doulle as gracias polo do verso, quedoulle ben bonito!

11/1/06 22:50  
Blogger edu dixo...

píntega, desculpa que non che contestase antes. tes razón no que dis.

por unha banda eu quería deixar moi claro que penso que a responsabilidade principal aquí é da institución.

pero eu tamén teño as miñas sensibilidades. e recentemente topo decote co tema da responsabilidade no traballo. convivo con demasiada xente que se manexa con moitísima desidia nas súas responsabilidades e pódoche asegurar que agota.

se o dicionario da rag saíu como saíu é porque uns técnicos (de todos os niveis) non fixeron ben o seu traballo. e porque a institución que os contratou non fixo tampouco ben o seu. eu acuso á institución. as responsabilidades, a continuación, terán que descender ata o nivel oportuno.

doutra banda, o problema que propós abriría estoutra liña de reflexión: a do uso fraudulento de modalidades de contratación de aprendizaxe para desenvolver tarefas de produción que corresponderían a traballadores de pleno dereito. e iso é outra batalla.

12/1/06 12:32  
Anonymous Anónimo dixo...

Y mejor no hablar de como,y que criterios usan para la concesión de las famosas becas...

15/1/06 21:38  
Blogger acedre dixo...

Unha cousa que non ven a conto. Topei unha vaca xeitosa por estas terras onde ando. Deixoche a ligazon por se queres baixala da lua.
Un saudo.
http://www.ragapplelassie.com/

16/1/06 01:30  

Enviar um comentário

<< Voltar