de vsqn e os modos
supoño que xa tod@s coñeced@s este blog.
levo varias visitas ao mencionado dándolle voltas ao asunto.
moitas quinielas téñense botado a conta do nome que se agocha detrás do pseudónimo.
a verdade é que nunca me interesaron moito.
a min o blog gústame. ou debería dicir "gustábame". fartáronme un pouco os comentaristas. todo chéirame a podre, retorto, chabacano (ou cursi), lambón (ou baboso). e vacuo.
ela (?) lanza a pedrada. eles (?) responden fielmente ao estereotipo. ela non contesta.
agora ten publicidade.
creo que vou decantarme polo pretérito no tempo verbal.

3 Comentarios:
A min paréceme bastante manido, aburrido, cursi, vulgar, falto de sensibilidade (si, pensao ben) e máis barato, pode que máis efectivo tamén, que unha psicoterapia.
non creo que haxa que agardar dun blog unha revelación. se alguén quere facer un blog-porno-blando cunha visión claramente femenina, paréceme estupendo. os comentarios, si, o peorciño ; pasando deles. o curioso é que, se cadra, o blog é dalguén que coñecemos, ó que está moi ben.
non agardo, non, desorde, ningunha revelación dun blog. nin moito menos. o que pasa é que a idea dese gustábame, pero creo que deveu escaparate onde expoñer o peorciño de cada un dos tópicos.
Enviar um comentário
<< Voltar