máis veciños na...
...xa longa lista da dereita.
veño de engadir os seguintes: depósito, der d'eiquí, e O ollo do porco (négome a opinar sobre o nome deste último).
veño de engadir os seguintes: depósito, der d'eiquí, e O ollo do porco (négome a opinar sobre o nome deste último).
5 Comentarios:
¡Si! ¡Asumo o roubo! ¡Son un plaxiario consciente! (pero é que foi ver este blog e véuseme á cabeza a idea de acer eu un) ¿Envexa? Pois si. A verdade. Noraboa polo ben que o tés. Moi limpiño e moi currado. ¡Quen puidese ou soubese face-lo mesmo!
(Se crés conveniente que cambie o nome do meu, fareino: a anatomía do porco deixa moito espacio para un tútulo gorentoso, e a biografía de erikcachuzo, nin che conto). En serio, se che molesta, avisa.
Saúde
acer=facer
tútulo=título
(Teño que beber menos)
nada, erik. por dous motivos:
o primeiro é que todos somos plaxiarios de algo.
o segundo é que non é plaxio se se cita a fonte (como fas na túa lista de ligazóns)
o terceiro (sempre que digo "dous" fago "tres") é que o ego de un sempre se sinte un chisco alimentado cando nos plaxian. non está nada mal!
noraboa polo blog, loga vida ao porco!
diolopaje!
Enviar um comentário
<< Voltar