vacas e touros
por pedido de pedro, fixen uns recontos para verificar a pouca normalización dos nomes das vacas e resultou así:
paloma: 6490 / pomba: 1061
blanca: 5367 / branca: 13
blanquita: 675 / braquiña: 2!
e, xa que estaba, aproveitei para botar un ollo á lista de touros.
é moito máis pequena cá de vacas e non é tan divertida pero bueno, algo dá de si.
a maiores dos obvios rocky, rambo, xacobeo, gable, tyson ...
e doutros superheroes batman, superman, popeye...
atopei algúns non tan obvios: cousteau, pentotal, pavarotti, camarón, megatrix, dúplex
están os futboleiros: valerón, donato, bekham, figo, rivaldo, ...
e os mitolóxicos: zeus, osiris, vulcano, midas, apolo, ...
hai moito touro (ou dono de touro) anglófilo: ambition, highlight, converse, spencer, ...
e, a maiores, as seguintes pérolas:
rubia (como lles gustan aos cabaleiros)
carne (premonitorio?)
leche (este debe ter un complexo curiosísimo)
golfo (moito non será, que aquí a maioría dos cruces son por inseminación artificial)
javito (ese non sae da corte)
macho (menos mal... dubidaríano nun primeiro momento?)
aristóteles (un touro pensante)
átomo (un touro pequeno)
bertamiráns (este é veciño meu)
imedio (será tamaño large)
bustamante e bisbal (para completar ot1)
petróleo (será pola cor? ou polo dono do bar de portozás?)
estai (de pesca (i)legal nos caladoiros do mar do norte)
dabuten (chulo madrileño)
bolívar (chavista)
zipizape (que é un só touro, non dous)
e infalible (un hacha, o tipo)
distinto que sucede coas vacas, os nomes dos touros non se repiten moito. o que máis, "magnum". hai catro touros con ese nome.
paloma: 6490 / pomba: 1061
blanca: 5367 / branca: 13
blanquita: 675 / braquiña: 2!
e, xa que estaba, aproveitei para botar un ollo á lista de touros.
é moito máis pequena cá de vacas e non é tan divertida pero bueno, algo dá de si.
a maiores dos obvios rocky, rambo, xacobeo, gable, tyson ...
e doutros superheroes batman, superman, popeye...
atopei algúns non tan obvios: cousteau, pentotal, pavarotti, camarón, megatrix, dúplex
están os futboleiros: valerón, donato, bekham, figo, rivaldo, ...
e os mitolóxicos: zeus, osiris, vulcano, midas, apolo, ...
hai moito touro (ou dono de touro) anglófilo: ambition, highlight, converse, spencer, ...
e, a maiores, as seguintes pérolas:
rubia (como lles gustan aos cabaleiros)
carne (premonitorio?)
leche (este debe ter un complexo curiosísimo)
golfo (moito non será, que aquí a maioría dos cruces son por inseminación artificial)
javito (ese non sae da corte)
macho (menos mal... dubidaríano nun primeiro momento?)
aristóteles (un touro pensante)
átomo (un touro pequeno)
bertamiráns (este é veciño meu)
imedio (será tamaño large)
bustamante e bisbal (para completar ot1)
petróleo (será pola cor? ou polo dono do bar de portozás?)
estai (de pesca (i)legal nos caladoiros do mar do norte)
dabuten (chulo madrileño)
bolívar (chavista)
zipizape (que é un só touro, non dous)
e infalible (un hacha, o tipo)
distinto que sucede coas vacas, os nomes dos touros non se repiten moito. o que máis, "magnum". hai catro touros con ese nome.
9 Comentarios:
Que teñas un bo nadal, cheo de sorrisos sinceiros, e miradas de ollo de vaca ilusionantes. Apretas
Será por exclusividade? será unha cuestión de xénero...?.
:)
ai magnum, si, el hombre, quê lembranças, quê riso :-))
Que ben iría un deses touros para a miña vaquiña que hai moito que non "coñece varón" e non sei que tal o levará...
pareceme a min, ou hai menos creatividade nos nomes de toros?? Haberá que facer algunha campaña, non si?
A mín gustoume o nome de "Aristóteles". Nos nomes das vacas boto en falta o de "Marela" que, aínda que xenérico, estache ben extendido (a lo menos polo meu pobo).
Outro nome de vaca que non hai e debería abundar é o de "Mandela". Seguro que andarás a preguntarte que por que. Moi sinxelo. O animal que representa a paz por riba de todo é a vaca, con ese ollar pacífico e esa parsimonia pra facelo todo.
Suxírote que fagas un post sobor desto último. Coma experimento ía ser bon.
diverido e exhaustivo traballo de campo. quéroche pasar algunha information, que aposta por outra interpretazón do senso das verbas¡ ou non?
na casa da miña mai había unha vaquña, das míticas raza rubia galega que daquela era a única que había que lle chamaaban REDONDA. si si agora nos acordamos de que nos 80 había un superciclista que se chamaba Indurain o cal lle adxetivaban a seu pedaleo co termo REDONDO.¿non che parece amigo que os nomes superaan en moito a descripzón física do animal pra tratar de describer unha comunión/interacción co ambiente/co medio. cando estudaba sempre me pareceu excasa a interpretazón de co arte parietal prehistórico tiña unha soa función: facer propicia a caza dun animal que eles representaban con tanta dedicación. eiqui no noso país non hai espectáculo como ver a unha vaca pacendo. iso, pra mín explica a vida. escúsame non quería ser un pedante sin maís
Recentemente fixen un descubrimento que moitos coñeceredes xa: os cornos das vacas, o seu e máis claro atributo, tanto simbólica como fisicamente, están en vías de desaparecer. Si. Nas grandes explotacións estanlles a aplicar nos primeiros días de vida un "producto" (hai quen lle chamou medicamento, pero non é tal ovbiamente) que impide o crecemento dos cornos. Nas que funciona ben quedan monas total, cun "flequillo" que se fai agora ridículo sobre a cara, e nada ós lados, nas que non funciona ó cento por cento nácenlles uns "muñóns" curtos e romos.
Din que é porque así non se mancan unhas ás outras, e que son menos perigosas para os humanos cando hai que facerlles unha cesárea ou calquera outra tarefa da que non sexan partidarias.
Nisto inflúe, claro, que as vacas de antes eran mansas (foran domadas na súa mocidade de xovencas) e as de agora están bravas.
Quédannos os touros. Neses non oín nada de que lles boten o "producto", pero todo se andará, temo. En calquera caso os touros camiñan de seu á desaparición (pola substitución pola "semente de veterinario"). De que a estes profesionais da medicina animal lles estean a saír cornos non se oiu falar tampouco de momento.
manoliño, o nome "marela" vén referido no post específico que publiquei hai unhas semanas.
"mandela" non, e por iso apunto que, efectivamente, hai sete vacas con ese nome na miña base de datos. e, seguindo o teu razoamento, hai catro vacas que se chaman "gandi" :-)
para pacobarcos. teño aquí máis de 1.300 vacas que se chaman "redonda". non sei se será por induráin ou non. en todo caso, á vista de todos os nomes que xa se foron citando nestas últimas semanas, parece bastante evidente que o nome das vacas responde a motivacións moi diversas, e non só a aspectos físicos do animal, ou a descipción/interacción co medio que dis.
caravelete, afortunadamente a inseminación artificial aínda non desprazou completamente os touros. se ben é certo que reduciu notabelmente a ratio requerida de machos por fémea.
non me divulgue demasiado este principio, que non faltará moito para que cousa semellante ocorra cos machos da especie humana.
Enviar um comentário
<< Voltar