4.12.05

os nomes dos parentes

por iniciativa d'o pito, velaquí algúns datos curiosos dos nomes das vacas (case 600.000) que ten a base de datos coa que ando esta fin de semana.

nomes máis repetidos

6470 paloma
5850 linda
5787 pinta
5345 blanca
4402 cuca
4185 lucera

outros nomes pouco orixinais son marquesa (3687), luna (3533, 453 chámanse lúa), perla (3305), mora (3257), pastora (3219), negra (3071), morena (2730), parrula (2703), mona (2640), romera (2552), morita (2481), princesa (2465), estrella (2422, e hai 59 "estrela"), careta (2377), diana (2347), bonita (2341), nova (2182), cachorra (2055), pichona (2007), gallarda (1941), rula (1917), mimosa (1815), mariposa (1649, 287 chámanse "volvoreta" ou "bolboreta") e roxa (1420).

221 vacas nadas a partir de 2002 levan por nome chenoa. o curioso é que, cando empezou a primeira edición de o.t. xa existían rexistradas aquí oito vacas con ese nome. iso é ter visión de futuro.

aínda non lle puxeron "leonor" a ningunha vaca nada en 2005.

trece vacas chámanse "prestige". seis delas naceron entre novembro de 2002 e febreiro de 2003.

unha vaca que naceu o 16/10/2002 chámase "nunca máis". tres posibilidades: 1) ten mal a data de nacemento na base de datos, 2) cambiáronlle o nome despois, 3) é de rapel.

hai outra que se chama "nunca máis" pero, esta si naceu en 2003.

151 vacas chámanse "rosalía".

120 vacas chámanse "novela" e unha só "poesía"! tal e como no sistema editorial.

48 Comentarios:

Anonymous Marinha de Allegue dixo...

Que bó a miña avoa tivo vacas con todos eses nomes (jajajaj).Non che parece raro que non haxa ainda ningunha Letizia?.
:)

4/12/05 15:30  
Blogger ohqtordv dixo...

por suposto que hai vacas que se chaman "letizia" así con z.

é que non mirara a lista completa, comprenderás, e só fun facendo buscas polas palabras que me viñeron á cabeza.

en concreto hai 262 vacas que se chaman así.

preguntade, preguntade por nomes e eu contesto.

4/12/05 15:51  
Anonymous Marinha de Allegue dixo...

Pois mira por "Rula e "Pomba", son che bonitos eh?.
:)

4/12/05 15:58  
Blogger ohqtordv dixo...

"rula" aparece na lista de arriba, hai unhas 1900. "pomba" hai bastantes, tamén, pero menos. unhas 1000, aproximadamente.

4/12/05 16:10  
Anonymous Marinha de Allegue dixo...

Menuda base de datos que manexas...
:)

4/12/05 16:12  
Anonymous Marinha de Allegue dixo...

Ti que nome lle poñerías á túa vaca?.
:)

4/12/05 16:16  
Blogger Xosé Antón dixo...

Vendo a estatística comprobo o pouco orixinais que foron os meus pais poñendolle nome ás vacas -cando as tiñamos-, non lembro ningún nome que non estea recollido neses 40 principais.

4/12/05 16:19  
Blogger ohqtordv dixo...

mmm... para empezar, eu que son vaca non tería unha vaca.

un touro, se acaso... penso :-P

pregúntome, logo, que nome me gustaría ter (porque ter xa teño un, aínda que non mo coñezades :-)

...non sei... a verdade é que nunca pensei en ter outro nome...

gústame o meu...

4/12/05 18:28  
Blogger Le Petit Poyon dixo...

Alá no meu galiñeiro do Sur eran ben orixinais cos nomes das nosas vacas: se era negra, "morena"; se tiña algo branco, "pinta". Así o que lembro, que os pitos tampouco temos posibilidade de ter moita memoria histórica.

Mmmm, de nomes, non sei, estaría ben que houbese algunha jayosa (escríbase como se escriber); piñeira seguro que hai algunha, pero será polos cornos.

A "nunca máis" de 2002 non será porque lle fixeron a ligadura de trompas á nai?;-)

Oia, non me perda esa base de datos e consulte cos xefes se a van poñer en "creative commons", porque é unha auténtica xoia, falando a serio.

4/12/05 20:00  
Blogger ohqtordv dixo...

moi ben, señor pito! 7 vacas chamadas "gayosa".

e si, máis de 400 chamadas "piñeira"...

confío ter de man esta base de datos moito tempo. vaime o alimento niso.

4/12/05 20:29  
Anonymous Artipractor dixo...

¿Cuantas hay que se llamen "Vaca"? Pq conozco perros que se llaman "Perro" y gatos que se llaman "Gato". Veamos cuanta gente poco original hay.

4/12/05 20:58  
Blogger ohqtordv dixo...

unha pregunta curiosa, si señor.

as buscas de nomes de vacas non se poden facer [nome] é igual a [vaca] porque hai moitas vacas que, a maiores de nome de andar por casa teñen un número engadido.

entón hai que buscar [nome] inclúe [vaca] digamos.

así, saen 56 vacas. algunhas delas chámanse exactamente "vaca". en concreto 9.

despois hai varias con números: "6442 vaca", "44 vaca", etc.

pero, a maiores, a súa busca permitiume encontrar algunhas pérolas interesantes: "vaca dos cornos", "mi vaca", varias "vacaloura" (obviamente) e, o mellor: unha "vacatola".

4/12/05 21:07  
Blogger torredebabel dixo...

como son a primeira arxentina da miña familia galega, non tiven vacas en casa. Pero lin fai tempo unha nota en El Pais que dicía: "Y darle un nombre no es asunto cualquiera. Si se llama Viaxeira es de las que hacen camino por su cuenta o de las que vienen de fuera, que también podría llamarse Forasteira. Linda, sí es guapa, bien proporcionada. O Mona. También Bonita. Sevillana, si es graciosa. Gallarda, si es noble y atiende a cualquier razón. Marella, rubia clara. También admite nombres propios: Renata,
Elvira. Un millón de vacas hay en Galicia y el sonido de sus nombres es música en sus verdes prados. Así debió haber sido siempre".

Eu, cando teña a miña primeira vaca, vou chamá-la Galiza. Ainda que neste país ninguén lle pon nome ás vacas.

4/12/05 22:51  
Anonymous Marinha de Allegue dixo...

Ven sei que é vaca máis por esa razón pode parir e ter unha vaquiña. Que nome lle poñería nise caso?

5/12/05 00:34  
Blogger ohqtordv dixo...

hei recoñecer que a miña creatividade a respecto de nomes de vacas é cativa...

pero quedei onte á noite pensando e veume á cabeza que unha vez se me ocorrera un nome para gata que ben pode valer para vaca: buma.

pódese investigar por aí. igual torredebabel sabe de onde me vén esa idea. esta mañá deixei por unhas horas o meu negocio de gando vacún porque me toca traballar con gando docente. chámase investimento diversificado.

esta tarde prometo facer unhas buscas e contarvos por todos eses nomes que menta torredebabel (algúns xa están na lista inicial). sospeito que debe haber varias "galicia" e algunhas (menos) "galiza".

e quero saber se hai algunha "buma".

5/12/05 09:39  
Blogger ohqtordv dixo...

pois non hai aquí ningunha vaca que se chame "viaxeira"...

pilleivos! pensabades que era este un país normalizado! pois non. hai unha vaca que se chama "viajera".

tamén hai dúas "forastera".

hai 139 "sevillana" e, para compensar ese arrouto de españolidade, 655 vacas "marela" (menos mal!).

vacas con nome de muller debe haber unha chea delas. para simplificar comprobei as dúas que suxire a cita de torredebabel: hai 137 "renata" e 280 "elvira". tamén hai 579 "maria" e 150 "carme" ou "carmen".

hai 23 vacas que se chaman "galicia" e 9 que se chaman "galiza", ai, estes rojillos! estanche por todas partes!

5/12/05 14:48  
Anonymous Marinha de Allegue dixo...

Hai algunha vaca que se chame "Troula"?
:)

5/12/05 15:36  
Blogger ohqtordv dixo...

efectivamente, marinha, hai trinta vacas que se chaman "troula".

tamén vos confirmo, que esquecín facelo antes, que non hai ningunha "buma", así que o nome que me gusta a min é tremendamente orixinal.

non sei por que me deu por facer a seguinte búsqueda insólita que, curiosamente, devolveu resultados: hai unha vaca "difunta" -e ningunha "defunta"- e unha vaca "morta" (también hai unha "mortadela") e, porén, ningunha vaca "muerta".

en realidade hai unha chea de vacas mortas na miña base de datos. a "difunta" e mais a "morta" entre elas, obviamente.

5/12/05 17:13  
Blogger torredebabel dixo...

ollo, o nome Buma eche moi apropiado para unha vaca (ou gata) melancólica e xenial. Conteiche que eu tamén nacín en Avellaneda? claro que con moito menos talento do que ela tiña...

Este asunto dos nomes das vacas tenme moi interesada. Poderíase escribir un estudo sociolóxico sobre os nomes que as persoas escollen para as vacas, non?

6/12/05 21:39  
Blogger eue dixo...

Unha nena urbanita preguntoume como lle chamabamos á vaca. Eu díxenche: "bucha", ela tomouno como nome propio e todos contentes.

Éche o que teñen os núcleos semiurbanos.

7/12/05 14:15  
Anonymous rabudo dixo...

Eu, desque coñecín a un pastor alemán de Bembibre-Val do Dubra que se chamaba José Manuel, xa non me asusto de nada. ¿Apeteceríache que sacara algo disto das vacas, citándote, claro, na Voz? Encantado de atoparte. Engádote aos favoritos

8/12/05 00:51  
Blogger ohqtordv dixo...

rabudo: eu por min encantado, pero creo que aí si deberiamos comentarllo aos xefes... que unha cousa é unha cousa e outra cousa é outra cousa...

mándame un mail ao enderezo do ollo da vaca e falámolo.

8/12/05 11:09  
Anonymous Subcomediante H dixo...

Fascinante. Cheguei tarde a este post e é o único que podo dizer. Fascinante.

10/12/05 01:45  
Anonymous jazzL dixo...

pois eu teño unha vaca que se chama leonora, por iso de que es máis feminino e de categoría ca leonor, bueno vaca-vaca inda non é (pero algun día o será) naceu o 1 de novembro.

12/12/05 17:01  
Blogger ohqtordv dixo...

algúns datos adicionais sobre os nomes das vacas:

a procura por "leonor" que fixera ao comezo non estaba ben feita. hai, efectivamente, case 70 vacas que se chaman "leonor". de todos os xeitos, todas son máis vellas cá infanta idem.

canto ás vacas que se chaman "vaca", cómpre engadir: 28 vacas que se chaman "bucha", unhas 350 "pucha", unhas 1600 "xata", unhas 520 "xuvenca" ou "xovenca" e unha "ternera".

en relación con outros nomes "célebres", hai preto de 90 vacas que se chaman "balbina", obviamente.

hai algúns nomes divertidos que inclúen a palabra "cornos": "cornos grandes", "cornos cortados", "cornos pequenos" e "vaca dos cornos" que a min me soa a "vaca do carallo", non sei por que.

finalmente, hai tres vacas "caralluda", e hai unha vaca "gilipollas", miña pobre...

12/12/05 17:43  
Blogger pintega dixo...

Alá de onde son eu as vacas teñen moitas estes nomes, pero creo que che quedou unha liña por explotar un pouco máis,a dos títulos nobiliarios. Na miña casa houbo vacas que se chamaron princesa, reina e os meus veciños tiñan duquesa, condesa e creo que aínda había algunha máis que non recordo. Tiña a sensación que estes eran máis habituais.
Eh, e tivemos unha que era moi rabuda e chamabámoslle Laverca. Gustábame moito este nome, creo que nunca o volvemos repetir.

12/12/05 19:37  
Blogger ohqtordv dixo...

hei darlle un repaso, si, aos nomes nobiliarios e mais a algún outro que se me ocorre por ese estilo... a ver se esta tarde hai tempo.

canto á "laverca" supoño que nomes de paxaros tamén poden dar de si. xa está "paloma" nos 40 principais. e seguramente haberá outras.

e "rabuda" seguro que tamén hai. e outras polo estilo...

sempre se pode explorar outros campos léxicos...

13/12/05 10:12  
Blogger Nemeth dixo...

moi boa antoloxía, abofé.
Non vin o nome dun top10 da miña familia materna: A Cereixa, que eran unhas vacas con pedigrí. Tamén había algunha Ratina ou Pintas (sonvos dunha bisbarra de castes autóctonas, e as pintas eranvos as menos).
Polo demáis non é de extrañar que bauticemos as vacas, se a miña avoa coidou máis delas que das fillas e sei dalgún caso extremo no que as limpaban todos os días (ian ben lustridiñas elas).

14/12/05 21:09  
Blogger O'Xirarei dixo...

Pois eu sei de boa tinta dunha vaca que leva por nome Stradivarius. Vivir para ver...

14/12/05 23:58  
Blogger Martin Pawley dixo...

Pois as derradeiras vacas que tivo a miña avoa chamábanse Parda e Gazarra, palabra esta que non sei se sae no dicionario.

15/12/05 11:52  
Blogger gallaecus dixo...

eu escotei a unha muller dirixíndose a unha vaca "75 a onde vas?" a min caéume a alma aos pes ... chamarlle 75 a unha vaca ...

15/12/05 14:07  
Blogger ohqtordv dixo...

seguimos: 635 vacas "cereixa" (e 43 "mazá", "mazaira" ou "maceira".

"ratina" non é, nemeth, tampouco un nome moi orixinal: hai aquí máis de 60 vacas con ese nome.

nesta base de datos non hai ningunha "stradivarius" pero o nome deume unha idea e busquei: unha "lenin", tres "troski", 36 "mao" (que deben ter, en realidade, outra inspiración), 5 "buda" (non vale facer comentarios sobre a miña estraña capacidade de asociación de ideas).

pawley, a túa avoa non foi moi orixinal, como podes imaxinar, coa "parda". teño aquí preto de 1000 que se chaman así. algo máis coa "gazarra", só hai aquí 3 con ese nome.

"75"? peor é chamarlle "739". aínda que dea un aspecto de maior prosperidade.

15/12/05 15:17  
Blogger TXARI dixo...

e loura?... nom hâ uma vaca loura (um dos nomes máis fermosos que podería ter uma vaca...

15/12/05 16:02  
Blogger ohqtordv dixo...

hai unhas cantas vacas que se chaman "loura" (nesta base de datos, máis de 600). unhas poucas, como xa dixen antes, chámanse "vacaloura" e mais hai algunhas "peloura".

15/12/05 16:24  
Anonymous Anónimo dixo...

Busca 'Manhattan' que seguro que hai algunha.

16/12/05 00:45  
Blogger O'Xirarei dixo...

Gustoume a investigación. Hai unha vaca chamada Cuca Vintetrés. Hai vintedous anteriores? Posibelmente

16/12/05 11:45  
Blogger ohqtordv dixo...

"anonymous", é vostede vidente? ou é o dono da "manhatan" (cun "t" só)?

16/12/05 13:01  
Anonymous Anónimo dixo...

Son irman da madriña... Para cando un XML ou CSV con SELECT count(id) AS num, nom_vaca FROM vacas GROUP BY nom_vaca ORDER BY num ?

16/12/05 14:30  
Anonymous kate dixo...

Teño que comentar neste post. De pequena poñíalles eu o nome ás vacas: Samba, Funny (lido fany, claro, pero como empezaba a aprender inglés na escola...), Ronda, Chita, .... Menos mal que non me pillou a infancia con Operación Triunfo...

16/12/05 20:23  
Anonymous Anónimo dixo...

EU TEÑO UNHA QUE SE CHAMA "VACANAL".

17/12/05 17:46  
Blogger David dixo...

Encontrei hoxe este post. Parabéns, é moi interesante. Na aldea temos vacas con moitos nomes dos que xa dixestes. E rubias? Non hai moitas chamadas "Rubia"? Tamén seguro que hai bastantes blancas, e menos brancas.
Saúdos

17/12/05 22:49  
Anonymous anonimo manhattan dixo...

Hoxe na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/noticia.jsp?CAT=105&TEXTO=4351475

18/12/05 14:40  
Anonymous tíki-tíki dixo...

Eu conheço umha que se chama Irene e é a minha ex-mulher. :)

21/12/05 00:14  
Blogger Xosé Manuel Meijome dixo...

Toura, Marela, Pinta... Canto tempo ia que non lembraba os nomes das 'miñas' vacas. Era eu un rapaz "sudaca" que nunca vira nada mais grande que un Kan e... As tardes que pasei nos prados coas vaquiñas e un libro.

21/12/05 07:30  
Anonymous pedro dixo...

Parece confirmarse unha tendencia ós nomes casteláns (mariposa, luna, estrella) sobre os galegos (bolboreta, lúa, estrela). Se atopas 6.470 Palomas e 5.345 Blancas, ¿podes mirarnos cantas Pombas hai? ¿E cantas Brancas? Faime tamén, por favor, a busca de Blanquitas e Branquiñas.

23/12/05 00:22  
Anonymous Anónimo dixo...

Hola, xente!.
O do blog este comentoumo unha amiga e ós poucos días xa o vin na Voz...cal non foi a miña sorpresa!!. Noraboa, é do máis interesante.
Sobre o bautizo das vacas podería estar falando horas, é unha das miñas actividades preferidas e teño unhas pequenas reglas, como:
- nunca poñer nomes de muller. No país onde a palbra máis cariñosa que moitos homes lle adican ás súas mulleres é " anda, burriña" a cousa ten o seu aquel!.
- respeta-las sagas familiares, hai nomes que crean familias de liña materna, por suposto!!.

E así ata aburrir, cousa que non quero facer.
Saúdos, Milena.

12/1/06 17:27  
Anonymous Xacobe de Soneira dixo...

Cantos recordos... Meus avós tiveron vacas ata que eu tiven quince anos, e recordo á "Cunchada" (na que eu soía montar aos tres ou catro anos), a "Marela", a "Moura", a "Diana"... ¿Pódesme dicir se hai algunha chamada "Beatriz"? Sei dunha persoa á que lle gustará moito sableo (ou quizais non).

27/5/06 23:18  
Blogger ohqtordv dixo...

sempre asombra ver como perviven os vellos éxitos...

efectivamente, xacobe da soneira, hai 65 vacas que se chaman dun xeito ou doutro "beatriz".

e mais busquei por "bea" e tamén saen outras cantas. aínda que difíciles de contar porque, xunto coas "bea" a secas e as "bea-1708", "bea 306", etc, mistúranse "beate", "melibea", "xacobea" e outras similares...

29/5/06 08:16  

Enviar um comentário

<< Voltar