con folerpa
onte pola noite o humano que transcribe os meus remoementos (ohqtomr) pasou pola biblioteca municipal de carral a curiosear na entrega do premio de poesía que levou folerpa. foi un encontro bonito, di (as vacas non podemos asistir porque a biblioteca está no andar superior da casa da cultura e as escaleiras son algo estreitas e o ascensor, pequeno).
presentábase tamén o "breviario de aldemunde" de xurxo alonso, que gañara o ano anterior. folerpa estivo moi ameno falando do seu libro, abriunos o apetito. estamos xa querendo lelo pero haberá que esperar máis ou menos a maio, segundo dixo o editor.
"o libro de xurxo é un bo libro" (vale, deixamos opinar a'ohqtomr, que vai dicir el que foi parte do xurado que o premiou). poesía-fantástica, crea mundos, personaxes, ...
nesas presentacións do concello de carral sempre regalan un exemplar do libro aos asistentes, así que lle pedín a'ohqtomr que collese tamén un para torredebabel, así imos armándolle unha pequena colección que el lle levará cando vaia a buenos aires.
terá que ter paciencia torredebabel (e mais ohqtomr). aínda non se sabe cando será a viaxe pero con toda seguridade non antes do verán (galego). a'ohqtomr gustaríalle que fose na primavera (porteña) pero non sei se dará convencido aos xefes. todo se andará.
ocórreseme que a xente que poida colaborar a facérmoslle unha pequena biblioteca galega a torredebabel podería poñerse en contacto comigo no enderezo do blog... no é que ohqtomr poida levar demasiada equipaxe, pero o que se dea feito...

6 Comentarios:
creo que ajudaria se disser quê tipo de livros lhe quer levar, ou se quer levar um pouco de todo ;-)
a verdade i,a, é que non coñezo os gustos de torredebabel. eu penso que se trata de libros de creación (narrativa, teatro, poesía) e cousas máis ou menos novas.
intúo que en buenos aires é doado atopar os clásicos... eu que sei... na biblioteca do centro galego, por exemplo.
pero cousas máis novidosas probabelmente non se atopen para nada...
tamén ela pode opinar... digo eu... ;-)
Conta conmigo para mandar palabras galegas(en papel) a nosa amiga da outra beira.
xa pensei que o mellor que ia ter esta fin de semana era a viaxe a Santa Teresita (un pobo a uns 300 km de Bos Aires, de praia, vento, mar e moita sorrisa para min) cando atopei o teu post. Eu xa quedaba moi contenta con un libriño da narrativa nova galega que -coma ben dis- non se atopa na diáspora. Calquera deles, que sempre hai unha porta que leva a outra e así...
E coma na Arxentina temos tamén escritores moi talentosos (sempre en castelán, claro) penso que ohqtomr e mais eu imos dar xeito a unha biblioteca mixta porque xa teño alguns para il e vou elexir libros arxentinos para os outros. Non é por falar de mais pero é verdade que atopanse acá escritores marabillosos, que xa o di todo o mundo, fora e na Arxentina mesmo. E é sabido que nen Galicia enténdese sen Bos Aires, nen Bos Aires sen Galicia.
Foi un pracer saudalo ohqtomr.Conte cun exemplar dos meus libros para alén dos mares.
ben! creo que torredebabel, a estas alturas, xa vai estar esperándome con máis ansias que miña nai ;-)
Enviar um comentário
<< Voltar