15.11.05

Fama e cabeza

Souben polo amigo pito do especial sobre blogs aparecido na Voz o outro día.

A pesar de ser inmerecido, dá certa ledicia comprobar que a vaca aparece na lista de bitácoras que fixo Camilo Franco para o especial en cuestión.

Máis aló diso, pregúntome por que é que eu nunca me enteiro das cousas que pasan ao meu redor.

Sen ir máis lonxe, a semana pasada estiven lendo e lendo diversas reseñas da mesa redonda sobre a blogosfera que tivo lugar en Santiago. Pero, coma sempre, despois de que pasase a romaría.

Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento. Teño que estar máis atento.

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Quería saber cales foron os criterios para incluír eses blogs e non outros. Lonxevidade? Temas tratados? Un saúdo.

23/11/05 14:31  
Blogger edu dixo...

Supoño que te refires ao criterio de Camilo para incluír eses blogs e non outros no seu artigo na Voz.

Lonxevidade non creo que sexa porque aí este blog non ten nada que facer ao lado doutros ausentes.

Temas tratados? Pode ser, aí non fixen unha investigación coidadosa.

Eu sinto a tentación irresistíbel de pensar que a lista é froito da casualidade, do (limitado?) coñecemento do autor sobre o blogmillo ou o blogmundo.

Vamos, que non outra que a ignorancia pode ser razón para incluír este blog en ningún clube selecto. Non podo pensar outra cousa.

23/11/05 14:35  

Enviar um comentário

<< Voltar