15.11.05

Preguntas en francés sobre inmigración

Que significa "integrar"?

Que a sociedade de acollida asuma a existencia de grupos con culturas diferentes e aprenda a convivir con eles?

Ou que colabore cos colectivos de inmigrantes para que se acomoden aos modos culturais do sitio ao que chegan?

Ou un equilibrio entre as dúas cousas?

Cometo un erro cando falo de "grupos" de inmigrantes?

Cumpriría falar de "inmigrantes" de modo individual para non tropezar con xeralizacións discriminadoras?

Ou será que no trato individualizado o que se procura é disgregar os grupos para facilitar a súa inmersión na cultura receptora?

E vai resultar que o título deste post tamén leva a engano simulando recluír as revoltas urbanas de francia no eido dos colectivos inmigrantes, cando en realidade é unha revolta dos excluídos, de todos os excluídos, de franceses excluídos?