21.11.05

Corrixir

Din que din que din que dicía Borges que publicaba para deixar de corrixir. Non me acaba de cadrar moito co personaxe. En todo caso, a frase é interesante.

Acabo de revisar por enésima vez o libro que lle mandei o xoves pasado ao editor. E aínda houbo ocasión de retocar algún detalle. Nestes días, sospeito, pasaranme probas da maquetación. E oooooutra vez.

De todos os xeitos, teño comprobado que, cando se revisa sucesivamente un libro que xa está máis que revisado, con frecuencia retoco unha e outra vez no mesmo texto. Se despois de moito dar voltas e voltas sigo sen dar cunha forma axeitada para o poema, o normal é que acabe quitándoo.

A semana pasada estiven comendo co psicopoeta e mais co de lalín (sen faltar aos outros). Estivemos dándolle voltas ao tema aquel do "Mirar para outro lado (I)". Saíron ideas interesantes. A ver se esta semana teño algo de tempo e o poño por escrito.

4 Comentarios:

Blogger Desorde dixo...

Escoitei algo de q presentarás poeta en compostela... avisa!!!

22/11/05 18:54  
Blogger edu dixo...

Non podo xuralo, que os vendavais crúzanse decote pola miña vida (e nin falar da dos demais), pero en principio o 15 de decembro no Casino, será a presentación e ese día, de balde co Correo Galaico, o libro, para quen o queira.

23/11/05 17:54  
Anonymous Anónimo dixo...

Mira
a ligazón do artigo de Luís Ventoso na Voz de onte (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia_opinion.jsp?CAT=130&TEXTO=4275384&txtDia=22&txtMes=11&txtAnho=2005) porque vas quedar sen fala (eu tamén quedei). Conste que a min as contas non me saen, hehehe.

Fala de César Vidal, o da Cope, que ademais de presentar un programa de catro horas, leva escritos este ano 9 LIBROS!!: unha novela, un traballo sobre a masonaría, a tradución dun evanxeo herético, relatos sobre a Inquisición, un dicionario do Quixote...
3041 páxinas.
E 3041 dividido por 9 non dá 30 nin 40.
Datos para a reflexión :)

23/11/05 19:15  
Blogger eue dixo...

Polo que levo lido, confirmo que o "ollo da vaca" é o que deberiamos de ter os correctores

26/11/05 20:58  

Enviar um comentário

<< Voltar