Plata quemada
O Goberno español concédelle á Igrexa Católica unha boa presada de cartos para que a Igrexa Católica poida imprimir carteis e mobilizar autobuses para unha manifestación en contra do Goberno español.
O Goberno español concede unha licencia de televisión analóxica aos seus colegas de Prisa e, para calmar os ánimos das outras teles privadas, acorda unha redución da publicidade en TVE. Deste xeito, parte do que lle tocaba a TVE da "tarta publicitaria" irá dar aos pobriños donos de Tele5 e Antena 3 que prefiro non lembrar quen son porque se me atraganta a herba que acabo de comer e que estaba boísima.
Oraben: o diñeiro que non ingresará TVE de publicidade quen o pagará? Bingo! Os mesmos que pagan o déficit da Igrexa Católica aínda sen marcaren a bendita casilla da declaración da Renta (nunca mellor dito).
Eu non, que as vacas non pagamos impostos. Son outros que pagan por nós.
E din que chove.

2 Comentarios:
Velaquí unha páxina onde se pode asinar un manifesto pola revisión dos tratados de financiamento da Igrexa e mais a asignatura de relixión.
Cando a Igrexa se mobiliza, aínda que obviamente, teñen ese dereito nunca é para esixi-la paz, o reparto de riqueza, condonación da débeda ós países do Terceiro Mundo. A razón é mirar polos seus intereses económicos e o seu estatus. Fixémonos no contexto de mobilizacións da curia eclesiástica española antes do estoupido da Guerra Civil. Deberían reflexionar por qué cada vez menos fregueses acoden ás misas. Autocrítica.
Enviar um comentário
<< Voltar