29.11.05

adeus ás maiúsculas

hai alá cinco meses botei a andar este pequeno espazo onde poder deitar os resultados dos meus "remoementos". e fíxeno dun xeito anónimo. parecía que era mellor, neste país pequeno. como que daba máis facilidade para opinar libremente.

suxerinlle ao humano que me traduce os remoementos que usase maiúsculas, cousa que el normalmente non fai, vai ti saber por que. pareceulle ben. era, tamén, un xeito de que non andase todo o mundo a preguntarlle que era a tal vaca de marras.

hoxe o pobre estaba escribindo un mail a unha amiga e decatouse, nun momento, de que empezara a poñer maiúsculas. levou un desgusto, meu pobre...

así que hoxe que case todo o mundo sabe quen son e xa non me preocupa tanto o anonimato, decidín relevar ao humano da obriga das maiúsculas.

todo en minúsculas. que son ben bonitas.

7 Comentarios:

Blogger torredebabel dixo...

apertas dende a diáspora, tamén en minúsculas que son moito mais amabeis que as maiúsculas e non serven para berrar.

30/11/05 00:42  
Blogger edu dixo...

torredebabel, pracer de recibir a vostede nesta leira.

:-)

canta razón ten vostede... e que pouco me gustan os berros.

30/11/05 09:11  
Blogger llll dixo...

benvido ó marabilloso mundo
das letras pequenas
coma se escribindo en minúsculas
todo se dixera sempre coa boca pequena
agardando por máis palabras

30/11/05 12:32  
Blogger edu dixo...

á final, teima parva a das maiúsculas. todos somos moito máis felices sen elas...

e o humano que transcribe agradécemo a cada paso.

o tipo mesmo preme moitos máis botóns dos requeridos cando manda mensaxes co móbil para que non lle saian con maiúsculas. >hai cada! ;-)

30/11/05 13:04  
Blogger edu dixo...

ah, meu caro pito... iso ten remedio! merque vostede a folla parroquial de humidtown o próximo día 15 de decembro e reclame o libro de balde que a acompaña ese día.

as súas dúbidas quedarán disipadas.

30/11/05 13:54  
Blogger edu dixo...

tampouco, mr. pitou, é que teña que sabelo, einh!

o que pasa é que, mesmo con maiúsculas houbo que preguntou insistentemente quen era o humano transcriptor (xente coñecida, etc). fose todo con minúsculas e ía ser moito máis complicado escaquear a resposta correcta.

encantoume ese conto ao paso seu ao respecto do anonimato nos blogs... ("Antes, unha compañeira de traballo preguntoume se tiña un blog...")

30/11/05 14:09  
Blogger edu dixo...

ningún rollo, aquí. agradécese a reflexión compartida.

ben sei que as minúsculas esixen trato delicado. en realidade as palabras todas esíxeno.

e, por suposto, o silencio sempre é mellor para expresar o que se sinte.

como citaba "tío pepín" tan axeitadamente esta noite no cartafol de silencios:

"Deseaba un silencio perfecto.
Por eso hablo."

que sería de nós sen alejandra que fai fermosa a amargura do silencio.

6/12/05 18:15  

Enviar um comentário

<< Voltar