30.11.05

coñecendo os veciños (III)

estaba mirando a lista de ligazóns e pensaba que medrou moitísimo estes días. e conste que só poño ligazóns cando o sitio me chama a atención, cando me gusta, cando comparte comigo algúns intereses.

notáchedes que no blogmillo ultimamente hai unha actividade máis febril do habitual? é moi divertido.

teño que pensar un modo de organizar a lista para que o persoal non se perda alí dentro... porque hai cousas moi diferentes...

podía, por exemplo, crear unha lista cos sitios persoais, as clásicas bitácoras de nacemento, outra con blogs de actualidade, outros máis "literarios" ou "culturais". seguro que a algún lle senta mal que o meta nesa lista.

en que sección metería eu o ollo da vaca?

tic tac tic tac tic tac tic tac tic tac

creo que non vou clasificar nada.

5 Comentarios:

Blogger Desorde dixo...

hui! q medo me dan as clasificacións! mellor por (des)orde alfabética!

30/11/05 18:44  
Blogger torredebabel dixo...

mellor o mundo descasificado!! dese xeito, cada quen viaxa onde a sorte o leva... Apertas ollo!

30/11/05 23:16  
Blogger edu dixo...

eheheh... vexo que o da clasificación provoca reaccións...

enténdoas.

pero é que non sempre é doado manter sosegados os meus impulsos virgo...

prometo esforzos por non deixarme vencer polo si(g)no.

1/12/05 01:18  
Blogger O Nadador dixo...

Por certo, agradézoche que me incluises. Fas verdadeiro o que dicía Castelao en Sempre en Galiza de que a Vaca é o elemento central da vida, cultura e socieade galega.

2/12/05 13:26  
Blogger edu dixo...

ouh, nadador! o eloxio cáeme grande. esta vaca só pretende ser unha das que remoe nesta leira de millo.

o que fai grande o país é que haxa moitas vacas a remoer.

3/12/05 12:34  

Enviar um comentário

<< Voltar