3.12.05

traballo de fin de semana (capítulo 1)

despois de 8 horas de curre podo dicir que o sábado está a ser produtivo.

produtivo para a empresa para a que traballo. e mais para a dependencia da xunta á que lle estou a facer o traballo. á xente de "recursos humanos" gustaríalla que eu pensase que tamén o está a ser para min, pero non lles vou dar ese gusto.

xa teño listas as explotacións gandeiras, os titulares de cada unha, todas coas súas vacas e os touros. agora que están todos xuntos, vacas e touros, na base de datos empeza a festa.

xa levo preto dun millón de inseminacións.

en canto remate (quédanme sobre dous millóns e pico), podo marchar para a casa.

non terei tarde enteira de sofá, está visto, pero igual dá para ver algunha pilícula.

11 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

estava por dizer-lhe que se a pilícula é de cinema podiamos combinar porque aborreço cá, e já vê, o ridículo pode fazer-se a qualquer idade :-)

3/12/05 19:13  
Blogger edu dixo...

eu pensaba en pilícula de sofá pero ben, pode ser. pero non teño nin idea do que se pode ver hoxe en humidtown.

faga unha oferta por correo-e, por favor.

3/12/05 19:20  
Blogger edu dixo...

oia. i.a. estáballe botando unha ollada á carteleira e non parece dar para moito (quitadas as que xa vin...

vostede que opina?

por certo, para contactar por correo-e busque, busque na portada do blog e atopará.

3/12/05 19:24  
Blogger edu dixo...

ja ja... ja...

divertiríame máis alto se non estivese tan canso... ;-)

levo xa dez horiñas sentado aquí e xa me está chegando.

o máis triste é que mañá teño que seguir porque vacas e touros foden sen condón. xa que logo, mañá tocará ocuparse de partos, lactacións... esas cousas...

3/12/05 20:06  
Blogger edu dixo...

pon, mr. pito, pon. pon o nome, a raza, a data de nacemento... pero non están todas as que son. só as que participan nun programa da xunta... e son case todas da mesma raza.

prometo para máis tarde algunha relación de nomes curiosos ou populares.

4/12/05 11:51  
Anonymous Anónimo dixo...

Debe ser un traballo laborioso e agotador non si? Ten que gustarlle
:)

4/12/05 12:44  
Anonymous Anónimo dixo...

Por certo gústame moito a foto da vaca.
:)

4/12/05 12:45  
Blogger edu dixo...

ben, chegados a esta altura do traballo, sobre todo é un exercicio de paciencia.

trátase de lanzar un proceso, agardar a que remate, revisar os resultados e lanzar o seguinte.

musiquiña, unha novela e o fascinante blogmillo.

hai traballos ben peores, abofé.

4/12/05 12:47  
Blogger edu dixo...

a foto está collida desta web e, se a información oculta non minte foi feita por pepa losada na feira de gando de vilaronte, en foz.

4/12/05 12:57  
Anonymous Anónimo dixo...

Sinto decirlle que non hai feira de gando en Vilaronte a información oculta parece que "minte". A feira de gando é na Espiñeira.
:)

4/12/05 15:20  
Blogger edu dixo...

pode ser, en todo caso, púxenme en contacto cos administradores do sitio ese do que quitei a foto e eles tamén a colleran de sabediós onde.

que veña o mostro do canon e nos bote unha bronca.

4/12/05 15:52  

Enviar um comentário

<< Voltar