23.12.05

de dispersión, política e vinganza

o pp denucia alporizado que o pse apoie uns orzamentos vascos que inclúen unha partida de axudas de desprazamento para as familias dos presos de eta dispersos por todo o territorio do estado.

o psoe, arrastrado irreflexivamente pola imposición moral da dereita, di que apoia os orzamentos aínda que non estea de acordo con esas axudas.

esta vaca pregúntase cal é o razoamento que sostén a política de dispersión de presos de eta. porque entendía que se trataba dunha estratexia para restar forza ao colectivo de presos e mais para dificultar as tarefas de organización interna do movemento armado.

axudar aos familiares dos presos para que poidan visitalos alá onde están recluídos é un xesto humanitario. opoñerse é simplemente vinganza.

era vinganza, xa que logo, a razón da política de dispersión?

como xa dixen aquí algunha vez, facéndome eco de opinións escoitadas nun medio de comunicación, os colectivos de víctimas do terrorismo están no seu dereito de sentir rancor e desexar vinganza. pero eses desexos non poden determinar automaticamente as políticas de estado.

5 Comentarios:

Blogger Marinha de Allegue dixo...

Opino que é vinganza, mestúranse sentimentos encontrados, non é doado...
Mais a vinganza nunca resolve nada, só manten a dor.

23/12/05 11:21  
Blogger hojasdehierba dixo...

Tamén sería de humanidade logo que a miña familia recibise axudas para vir visitarme... E qué dicir dos pais separados que teñen un fillo menor de idade residindo a 500, 1000 kms... co proxenitor que ten a guarda e custodia.
Tampouco entendo moi ben por qué os familiares dos presos de ETA han de ter privilexios que non teñen os familiares dos presos comúns. Quizáis o Parlamento Vasco non o queira saber, pero non tódolos presos poden cumplir as súas condenas na mesma CCAA en que reside a súa familia.
Non entendo por qué a xente que comete asesinatos han de ter máis dereitos que os que non... ¿É máis "humano" que o pai dun condenado por asesinato poida ver ao seu fillo, que que miña nai poida verme a min? ¿Por qué?
Saúdos.

23/12/05 11:27  
Blogger edu dixo...

ben, hojasdehierba. o teu comentario ten sentido.

en todo caso, quede claro que as axudas que inclúe o orzamento vasco de 2006 son para familiares de presos en xeral, non só de eta (por moito que, calculo, é probábel que a maioría dos casos de presos dispersos sexan etarras e, a maiores, é evidente que a motivación da axuda está nos presos de eta).

canto ao outro caso que comentas, o dos fillos de pais separados, supoño que pode dar lugar a discusións máis complicadas.

a primeira reacción que tiven foi pensar que, nese caso, non é o estado o que obriga aos nenos a viviren lonxe dos pais. a continuación penso que é posíbel que, nalgúns casos, si sexa un xuíz quen autorice esa situación.

supoño que é máis complicado de resolver pero, en todo caso, se os orzamentos vascos (ou murcianos) incluísen unha partida de axudas para eses casos, ti cres que o pp armaría o dios que está armando neste?

23/12/05 11:35  
Blogger hojasdehierba dixo...

O asunto é que para os presos comúns nunca se tería arbitrado unha medida similar. E estou certa de que adoitan a provir de familias cun nivel económico moi inferior ao dos presos de ETA.
Polo demáis, eu sería partidaria de que levasen aos presos o máis cerca posible de Euskadi que permitira a propia seguridade do cárcere. Penso que, ademáis, poría fin a un dos victimismos máis extendidos do rollo pro-ETA.
E no caso que non saíse de todo ben, poderiamos gozar de esceas coma aquelas dos Sendero Luminoso facendo a instrucción militar no patio do cárcere.
Saúdos.

23/12/05 11:44  
Blogger R.R. dixo...

Existe cos presos comúns unha política de dispersión, hojasdehierba?

31/1/06 10:45  

Enviar um comentário

<< Voltar