10.12.05

xaponés

o ollo da vaca escríbese así en xaponés:

ben, en realidade non teño nin idea se se escribe así en xaponés.
si podo asegurar que ollo se escribe así
e mais que vaca se escribe así

o resto, pura especulación imaxinaria.

10 Comentarios:

Blogger acedre dixo...

Eu non sei como se escribe o meu apelido pero sei como se pronuncia: yanagui.
Non sei onde buscar a representacion escrita.

10/12/05 17:59  
Blogger llll dixo...

http://ohui.net/lexiquetos/nombres-japones/

pincha aí, e xa o tes. é curioso, pero eu tamén busquei unha frase en xaponés, pensando en poñela na pel. despois pareceume pouco orixinal, e desbotei a idea.

10/12/05 22:17  
Blogger edu dixo...

eu quitei a información deste sitio.

si, sara, eu tamén teño unha pequena dicotomía co asunto do xaponés. atráenme moito, dende hai anos, as cousas xaponesas, pero por momentos parece que lle pasa a todo o mundo...

11/12/05 03:03  
Blogger Nemeth dixo...

estamos todos a comer suxi, tatuarnos letras e mercar mobles orientais. será moda ou atracción fatal? :)
eu sei como se escribe o meu nome en coreano, quen dá mais? ;)

11/12/05 15:43  
Blogger llll dixo...

si, aferrámonos a copiar todo o oriental, e logo sempre falamos deles en certo tono de burla polo frikis que son nalgunhas cousas.

unha contradicción

11/12/05 18:52  
Blogger hojasdehierba dixo...

A min dame un pouco de aquel probar o sushi... téñolle medo ao anisakis e, coma onde vivo non hai restaurante xaponés, se o probo ha de ser cando estou de viaxe. E non quero descubrir que padezo unha alerxia no medio dunha viaxe.
¿Está rico? ;-)
Saúdos.

12/12/05 01:16  
Blogger eue dixo...

Eu estoulles agradecido por inventaren os haicus.

E en plan pan-oriental recoméndovos a Lao-tse e o Tao Te King

12/12/05 11:51  
Anonymous Anónimo dixo...

hojasdehierba,
eu teño entendido que, para que os anisakis non fagan da túa barriga un parque de atraccións, nos restaurantes xaponeses conxelan o sushi antes de servilo e así os anisakis morren.

12/12/05 22:12  
Anonymous Anónimo dixo...

o ollo da vaca non ten caixa de correos?

13/12/05 03:35  
Blogger edu dixo...

o ollo da vaca ten caixa de correos, ten... cómpre só mirar con atención na páxina principal... hehehe

vale, non che vou dar traballo. o enderezo é ollardevaca [arroba] gmail.com

13/12/05 10:10  

Enviar um comentário

<< Voltar