6.12.05

final e principio

xa estou moi preto do final.

a posta a punto da base de datos deu algúns quebradoiros de cabeza, houbo dúas ocasións de buscar agullas na palleira pero apareceron. non sen esforzo.

pasou o día da constitución. e non veu marianito a dicirme que non santifico as festas.

o día gris mudou en noite fría. non queda moito para voltar á casa. tuñón e avilés estarán xa durmindo pero aínda tuñón é quen de espertar e poñerse a cantar se acendo o ordenador na sala.

non creo. estou demasiado canso. e teño o corpo triste.

creo que vou meterme na cama e matar a soidade durmindo.

mañá vén a xente por aquí para empezar a usar o novo programa e seguro que vai haber pouco tempo para deterse nestas dores tan burguesas.

13 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Pero ainda segue triste?, seica non lle fixo efecto a raioliña de sol. Mire eu acábolle de tomar un colocao fervendo que parece que tamén me animou.
:)

6/12/05 19:18  
Anonymous Anónimo dixo...

Seica non divisou o post da "Super-Acción".
:)

6/12/05 19:19  
Blogger torredebabel dixo...

non esteas triste!!! como dí marinha, o colacao é o mellor remedio para a tristura. E non o dimos nos, o dí a ciencia que, xa é sabido, sempre ten resposta para todo (o iso dí...).

6/12/05 21:45  
Blogger eue dixo...

Durmir por veces é unha solución apaixonante (consultar co cabezal), pero espero que lle lembre acordar! Ánimo e xa contará

7/12/05 10:57  
Blogger llll dixo...

"Hope There's Someone"

Hope there's someone
Who'll take care of me
When I die, will I go

Hope there's someone
Who'll set my heart free
Nice to hold when I'm tired

There's a ghost on the horizon
When I go to bed
How can I fall asleep at night
How will I rest my head

Oh I'm scared of the middle place
Between light and nowhere
I don't want to be the one
Left in there, left in there

There's a man on the horizon
Wish that I'd go to bed
If I fall to his feet tonight
Will allow rest my head

So here's hoping I will not drown
Or paralyze in light
And godsend I don't want to go
To the seal's watershed

Hope there's someone
Who'll take care of me
When I die, Will I go

Hope there's someone
Who'll set my heart free
Nice to hold when I'm tired

7/12/05 12:28  
Blogger Desorde dixo...

Nunca choveu q non escampara.
por certo: campaña en favor de q eboca sega a producir!!!

7/12/05 13:32  
Blogger edu dixo...

hoxe ábrese un longo xoves en branco. por primeira vez non teño que ir ao choio.

tuñón e avilés están cantando dende cedo pola mañá.

e eu teño unha imaxe de min mesmo: a última escena de "damage". non é que queira compararme con jeremy irons, vállame o ceo! queda aclarado.

en que consiste a campaña, desorde? eu súmome encantado!

8/12/05 11:00  
Anonymous Anónimo dixo...

Alégrome de velo de novo mais non nos conta nada da súa revitalización...
Disfrute do seu día libre.
:)

8/12/05 11:12  
Blogger edu dixo...

tes que ver "damage" e comprenderás que non hai tal revitalización...

só afacerse aos espazos baleiros.

8/12/05 11:16  
Blogger edu dixo...

grazas, sara :-)

e, marinha, viches que torredebabel sabía o que era buma?

8/12/05 11:17  
Anonymous Anónimo dixo...

Si xa vin pero é un nome moi lánguido non cre?.Ainda que as vacas teñen ese ollar con aire de distición e languidez. Quedaríalle ben.
:)

8/12/05 11:30  
Blogger Desorde dixo...

A campaña consiste en insistirlle a Psichopoet que traballe un pouqiño en eboca.... que postee algo, q nos ten abandoados e desconsolados....

8/12/05 13:27  
Blogger mariademallou dixo...

señora vaca, pase pola miña casa a buscalos seus reises.

10/12/05 09:31  

Enviar um comentário

<< Voltar