6.12.05

as críticas

hai un anaco deixei un comentario para o post anterior a propósito dun espectáculo teatral que fun ver onte.

pero quedei cun estraño sabor de boca despois de premer o botón de "publicar".

non me gusta ser duro falando de actores, esa xente que se deixa moitas cousas enriba do escenario cada vez que se apagan as luces da sala.

sei que algúns opinarán que teño dereito a ser duro, que á fin e ao cabo eu pago unha entrada e teño dereito a un bo espectáculo, que teño dereito a opinar, que o traballo dun artista (da arte que sexa) é un asunto público, etc.

pero, en xeral, prefiro operar partindo da honestidade do traballo da xente e iso faime un algo pudoroso á hora de ser crítico en público.

case diría que me arrepinto un algo de ter publicado ese comentario. non por iso vou ir agora e borralo.

fai parte das eternas contradicións do ollo da vaca. ups! estaba a piques de escribir "que fan que sexa máis humano"... mi má!

5 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Non se sinta mal por iso,(ainda que ese sentimento lle faiga sentirse máis human@). A crítica é algo moi próximo a tod@s nos e de verdade lle digo que si aprenderamos a asumila como algo enriquecedor medrariamos de súpeto.

6/12/05 13:12  
Anonymous Anónimo dixo...

A crítica e coma unha randea vai e ven. Nos criticamos mais temos que aceptar tamén as críticas cara a nos. Ainda que lle garantizo que moitas veces é un exercício doloroso.
:)

6/12/05 13:17  
Blogger edu dixo...

seino.

ohqtomr pídeme que conte esta historia: hai un tempo saíron publicadas dúas duras críticas sobre dous libros d'ohqtomr. el pensaba que era normal, que a xente tiña dereito a que o libro non lle gustase, mesmo tiña dereito a dicilo.

pero, mesmo sendo quen de racionalizar a situación, a saída das dúas críticas foi un duro golpe emocional do que lle costou recuperarse.

aprendeu algo da experiencia? eu non o sei. el di que tampouco non o sabe. igual, como moito, fixo callo para cando caia a próxima.

a maiores, neste caso (e aquí falo en por min e non pol'ohqtomr), a mala crítica verquida non é construtiva.

quero dicir: non hai nela unha serie de parámetros máis ou menos obxectivábeis que poidan servir á persoa criticada para mellorar o seu traballo.

hai só unha simple (e crúa) opinion negativa: "non me gusta". que só ten a vantaxe para a persoa criticada de que non é máis ca iso: unha opinión dunha vaca que, por riba, non ten moitos elementos formais para consolidala.

en fin... que a vida do libreopinador (e a súa convivencia coa propia conciencia) éche dura, aínda que a algúns non llo pareza.

6/12/05 13:30  
Anonymous Anónimo dixo...

En fin non se disguste pola opinión vertida,respire fondo e disfrute desta raioliña de sol.
:)

6/12/05 13:46  
Anonymous Anónimo dixo...

eu simplesmente estou de acordo com o que disse sobre os homes só contan até tres; creo que ás vezes há muito trabalho por trás do que um fai, é certo, e mais isso nom garante que esteja bem feito, e no caso de que as críticas que nos fagam venham porque nom se entendeu algo do que figemos, bem, com explicá-lo cumprimos e se consideram que tenhem que rectificar já o farám.

6/12/05 16:44  

Enviar um comentário

<< Voltar