5.12.05

"la asignatura pendiente"

"el país" publicaba onte un artigo a propósito dos recentes cambios de gabinete no goberno arxentino. un aparte desta nova, titulado "la asignatura pendiente", referíase ao anunciado aumento das tarifas dos servizos que ofrecen as empresas privatizadas.

había unha vez unha cousa que se chamaba xornalismo independente. eu hai tempo que non busco independencia en "el país", xornal ao que adoito chamar (dende o ano pasado, enténdese), "boletín oficial del estado".

pero eu consideraba que era un xornal de esquerdas.

o titular mencionado deixa clarísimo que os compromisos do xornal cos grupos empresarios españois quedan moi por riba de calquera ideoloxía.

como se pode dicir -sen poñerse de todas as cores- que "la asignatura pendiente" do goberno arxentino é conceder unha subida de tarifas ás empresas privatizadas?

lémbrovos:
-que esas empresas (europeas todas, españolas a maioría) mercaron as empresas públicas en arxentina por migallas a un goberno infinitamente corrupto,
-que durante anos (os que durou o tal goberno e algúns máis) embolsaron (e sacaron do país) millóns e millóns de euros incumplindo, entre outras cousas, os compromisos de reinversión e modernización asinados nos contratos de compra.
-que presionaron durante anos para manter un valor irreal da moeda que garantizase os seus beneficios ao tempo que destruía o pouco que quedaba do tecido industrial arxentino e pechaba os mercados exportadores do país.

digo eu, "la asignatura pendiente" do goberno arxentino non será a fame e a exclusión de sectores cada vez maiores da poboación (froito de políticas que só buscaban soster o beneficio desas mesmas empresas que agora reclaman maiores ingresos)?
"la asignatura pendiente" do goberno arxentino non será a reconstrución do tecido de servizos de saúde?
"la asignatura pendiente" do goberno arxentino non será a mellora e modernización da educación? non será a creación de postos de traballo decentes que quiten da marxinalidade a millóns de persoas?

onde está a ideoloxía de esquerdas de "el país"?

5 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Certamente os intereses perturban e moitas veces anulan as ideoloxías, ben ves...
:)

5/12/05 14:53  
Blogger edu dixo...

cará! mr. pito, debía ser por eso que non a atopaba mirando cara á esquerda.

5/12/05 16:57  
Blogger torredebabel dixo...

clap, clap, clap (moitos aplausos para o ollo da vaca!). Non teñas medo que o malo non é que os xornais españois anden a pedir aumentos das tarifas. O pior é que tamén o piden alguns xornais arxentinos que de vergonza e de xornalismo independente saben pouco e nada.

5/12/05 18:28  
Blogger edu dixo...

ben o sei, pero resulta que eses xornais arxentinos non van pola vida chamándose "de esquerdas".

claro, que o comentario de mr. pito pon, coma sempre, con clarividencia, cada cousa no seu sitio.

5/12/05 18:35  
Blogger torredebabel dixo...

pode que eses non se chamen de ezquerda pero chámanse "a nación" que xa é bastante. Nen que falar dos ámbitos, dos recoletos e dos infobaes... Apertas!

5/12/05 23:23  

Enviar um comentário

<< Voltar