5.12.05

traballo (cont.)

o traballo da fin de semana alóngase. hoxe todo o día. mañá tamén.

pero xa estou máis preto do final.

xa teño listos os partos, as lactacións, os controis (uns tipos da xunta van mes a mes indagar canto producen as vacas e tomar mostras do leite) e agora estou coas análises desas mostras de leite.

son moitísimos datos e cada proceso é moito máis longo.

estou pensando que vou dar unha volta pola consellería de educación que deixei esta mañá cousas a medias mentres fago tempo para que remate un proceso que acabo de lanzar.

teño no corpo unha estraña mestura de cansazo e tristura. terá reparación?

7 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Todo lle ten reparación non se preocupe agás a morte; e vostede non está nese proceso.
Un cambio de aires venlle ben a calquera, traballar tanto xa lle adianto que non é bo.
:)

5/12/05 18:53  
Blogger torredebabel dixo...

tanto parto e lactacións... home, será o puerperio do teu traballo!! Sei que é bo para iso, coma di marinha, aires novos, de outono en Galicia ou de primavera en Bos Aires. Apertas!!

5/12/05 23:25  
Anonymous Anónimo dixo...

Sentoulle ben tomalo fresco? xa colleu folgos pa xornada de hoxe?.Anímese! e tome un zume de laranxa que é un reconstituinte milagreiro (eu toulle tomando un)convidoi.
:)

6/12/05 11:00  
Blogger edu dixo...

onte fun ao teatro. non estivo mal. non houbo zume de laranxa esta mañá. a miña "hostaleira" de referencia aínda non abrira cando saín para o curre :-( así que tiven que empezar a mañá cun café con leite que, polos parámetros xerais estaba bo pero a min non me soubo nin a metade...

igual non foi bo xeito de empezar un novo día de traballo pero eu prométome que ten que mudar o rumbo!

o ollo da vaca ten moitas ganas de mirar para outro lado...

6/12/05 11:05  
Anonymous Anónimo dixo...

Que foi ver ó teatro (senón é moito preocupar)? (eu preguntar pregúntolle pq din que o saber non ocupa lugar-mais vostede non ten pq respostar, taría no seu dereito asertivo en non dicir nin muuu.

Por certo, mire, os días sempre inflúen en nos e nos neles...
:)

6/12/05 11:35  
Anonymous Anónimo dixo...

Perdoe polo erro, non quería dicir "preocupar" senón preguntar, en que estaría eu pensando...
:)

6/12/05 12:04  
Blogger edu dixo...

:-) foi un fallo moi divertido... supoño que freud tería as súas boas conclusións que tirar del (ou axudar a tirar...)

fun ver... ops... nin sei como se chamaba... agarde que miro...

tic tac tic tac

"os homes só contan ata tres". un texto de antón lopo en montaxe de factoría.

o texto ben, nalgún punto un pouco naif, tal vez superficial por momentos. pero en xeral ben.

a dirección boa. ben acoplado case sempre o desenvolvemento da escena cunhas interesantes montaxes de vídeo que se proxectaban detrás.

(de todos os xeitos quédome co traballo de dirección da montaxe anterior de factoría, "tío vania", con esa deliciosa rocío gonzález en papel protagonista.)

con moita diferenza o mellor do espectáculo, na miña humilde opinión, mónica garcía.

os dous actores (alfredo rodríguez e toni salgado), ben, sen entusiasmo.

a outra actriz (prefiro non saber o seu nome) non me gustou nadiña de nada. pero nada nada nadísima.

6/12/05 12:24  

Enviar um comentário

<< Voltar