nadal
non teño, como lles pasa a moitos, unha especial aversión polo nadal.
tampouco é que me interese en particular. en xeral, tendo a incluír o nadal na lista das tradicións que foron devindo simplemente excusas para exercer o noso consumismo irredento.
e o certo é que sempre o pasei ben no nadal. era unha ocasión para encontrarse cos parentes que non vías o resto do ano, que as tías vellas che esmagasen as meixelas "como se parece a su mamá", etc. a min todo iso paréceme moi ben que suceda e, aínda que doian as meixelas, en realidade creo que a todos nos gusta que os demais nos queiran e o expresen.
eu o único que vou propoñer (e de verdade que faría unha campaña seria ao respecto) é que se eliminen as decoracións de nadal das rúas. cando menos así como estamos afeitos a velas.
por unha banda, creo que obrigar á peña a escoitar panxoliñas é un exceso propio da laranxa mecánica. xa abonda con escoitalas no corte inglés (unha e outra vez as mesmas cancións, non é que teñan un só disco, é que é un single, joder!).
pero, sobre todo, creo que habería que eliminar as iluminacións. xa non só porque sexan horteras,
que o son,
e moito,
case todas,
senón porque significan un gasto enorme para os concellos e, sobre todo, un derroche completamente inxustificábel de enerxía, ergo, contaminación.
hai quen di que os comerciantes se queixarían. eu digo que se un concello fai unha campaña publicitaria ben feita anunciando a toda voz que se vai doar o que se aforre de enerxía eléctrica... non sei... para facer saneamento nun bairro periférico de quito, por exemplo, eu iría a ese concello a mercar só para solidarizarme coa iniciativa.
mesmo luces e son poderían substituírse, se non queda máis remedio, por outros artiluxios que non consuman enerxía, por exemplo.
non poderiamos facer esa campaña para o ano que vén? credes que non tería éxito?
eu prometo que, se para o ano me toca o gordo, destino un bo anaco a esa campaña.

6 Comentarios:
Eu comparto opinión contigo, pero sabes que é o malo cando alguén propón quitar algo que considera innecesario?
Que todos os demais empezan a dar a súa opinión sobre as cousas que considera innecesarias e xeran moitos gastos, e acábanse producindo contradicións tremendas sobre cousas que uns consideran fundamentais e outros completamente inservibles.
A min iso ponme moito medo, porque hai teorías tremendamente peregrinas sobre as cousas coas que habería que acabar.
Por poñer un exemplo, todos sabemos que hai moita xente que non concibe para qué se quere un idioma que hai por aí que se chama galego.
eu, as ruas non as decoro, pero na miña casa, o asunto das luces e os adornos so os poñemos cada dous anos. Cando veñas de visita, cóntoche por qué!
Apertas e que pasedes (ti e maila vaca) un Nadal fermoso!
Eu son unha desas persoas as que o Nadal non lles gusta especialmente. Todo ese ambiente de cordialidade repentina paréceme que conleva certa hipocresía. Por suposto que ten o meu apoio para a campaña. Adiante eso si ten que prometerme que me vai convidar a tomar uns alfajoritos de maicena que seica lle saen moi ben.
;)
Ah! por certo, lindo o novo ollo da vaca (a outra imaxe era linda mais esta é lindísima).
Un BeiJo.
:)
arsenio, non vale chafarlle a un as ideas así a bote pronto, ho...
en todo caso, eu non propoño prohibir nada. simplemente creo que era boa idea espallar o asunto e xuntar apoios. dende logo os comerciantes deben ser parte fundamental dunha iniciativa deste tipo.
marinha, canto ao que dis. é certo. eu tampouco entendo moito ese desenfreno de bondade que despois o resto do ano se esquece.
de todos os xeitos, prefiro que a xente sexa civilizada uns días ao ano e non que non o sexa nunca!
as luces do nadal son como todo nestas datas: proxeccións irreais de luz e sombras inútiles e teatrais. cando a obra remata, a xente continua coas súas vidas. moi poucos deles entenden o argumento ficticio da función.
Enviar um comentário
<< Voltar