rascar
segundo un artigo na voz de hoxe, nunha granxa de mazaricos instalaron un aparello para que as vacas se poidan rascar.
é un trebello eléctrico que se activa por iniciativa das vacas, rasca durante un par de minutos e para (que máis é vicio).
eu quería vivir nun spa deses.
non.
eu quería pastar libremente por pampas arxentinas ou terrachás galegas.
é un trebello eléctrico que se activa por iniciativa das vacas, rasca durante un par de minutos e para (que máis é vicio).
eu quería vivir nun spa deses.
non.
eu quería pastar libremente por pampas arxentinas ou terrachás galegas.
6 Comentarios:
Segundo a filosofía milenaria de Silvaoscura, poucas cousas prestan máis que rañar onde hai proído. Feliz ano, Ollo da Vaca. Foi un pracer coñecelo e tomar café con vostede.
Será nunha desas expolotacións nas que entrou a "moda" de quitarlles os cornos (ver comentario nun post anterior). Tendo cornos (propios e de veciñas voluntariosas para onde un non chega) quen quere rascadores eléctricos.
Aconséllolle os pastizais da veira do mar, a herba é lle moi fresquiña e salgada e o ar e a auga ténenlle efectos sanadores.
E nunca esqueza comer e rascar é lle todo empezar.
Un beijo.
:)
o problema do rascador ese, penso, é que para.
igualiño cás vacacións.
conversando do asunto seica hai tempo que en moitas granxas galegas as vacas poden rascarse. non é tan tecnolóxico o asunto. trátase simplemente de poñer á altura do lombo das vacas uns cepillos de plástico dos de varrer o chan aos que se lles retira o pau.
na versión tradicional a vaca é a que se move para rascarse. cousa que non está mal tampouco.
eu hoxe volvo ao ximnasio que as enchentas de nadal fixeron estragos.
Acaba de convencerme de non entrar no ximnasio.
Seguirei a correr ceibe polo parque do Paxonal.
Si ya lo decian Cycle...
"Mechanical............"
Enviar um comentário
<< Voltar