5.1.06

preguntas na véspera

durante a república viñan os reis?

van aos u.s.a.?

son borbóns? ou habsburgo?

ou windsor?

iso de dicir "reises" no canto de "reis" será para que cadre a métrica da panxoliña aquela de "xa veñén os reises"?

14 Comentarios:

Blogger caravelete dixo...

Son reis porque os seus regalos son "reais" (se fosen de ficción non tería mérito).

5/1/06 14:44  
Anonymous Anónimo dixo...

Se cadra habería que empezar lendo os evanxeos e vendo onde se di "reis magos" en tales textos?
De todos modos na Italia tamén se segue a empregar "re" para falar deles...

5/1/06 14:59  
Anonymous Anónimo dixo...

Nos U.S.A. (supoño que en todos os paises angloparlantes) veñen os Three Wise Men, é dicir, Os Tres Homes Sabios, nada de reis...

5/1/06 17:07  
Blogger torredebabel dixo...

señor ollo, coide as preguntas que fai na víspera porque pode quedar sen agasallo por "desacatado"... vostede entende. Apertas!!!!

6/1/06 00:34  
Blogger acedre dixo...

Os reis magos levan muito tempo vindo, con republicas, democracias, tiranias, etc. Anque ventase, chovese, nevase ou fixese calor eles seguian vindo.
Nos EEUU aparecen por poucas casas e nalgunha cabalgata como a de Nova York.
Non tenhen apelido conhecido pero non son europeos e uns dinlle reises como se di cafeses, sofases e mesmo "pieses" e non hai panxolinhas co esas palabras.
E Torredebabel ten razon: non vas levar muitos agasallos se custionas tanto o asunto. Xa sabes: a durmir, deixa palla na fiestra, un caldeiro de auga fresca e o calzado para que cho enchan de agasallos.

6/1/06 05:06  
Anonymous Anónimo dixo...

Pois eu vouvos contar un caso moi simpático que pasou na Ser da Coruña.

Onte entrevistaron ao rei Melchor. O señor xornalista (por certo, o irmán do ínclito Fernán Vello. Aproveito a oportunidade para poñerme aos seus pés :P) preguntoulle:
-Oiga, majestad, ¿se han portado bien los niños este año?
-Sí, se han portado muy bien todos los niños. Ha sido un año muy bueno. Los reyes estamos muy contentos, tanto yo como mis compañeros Melchor, Gaspar y Baltasar.

Ao día seguinte volveu aparecer na radio.
A pesar dos seus evidentes síntomas de cansazo, o monarca recibía as chamadas de rapaces exultantes de felicidade cos seus agasallos. O primeiro neno co que falou era un destes nenos monosilábicos.
-Hola, (non recordo o nome), tú has sido bueno este año, ¿verdad?
-Sí.
-¿Y te han gustado los regalos que te hemos traído?
-Sí.
-¿Estás contento?
-Sí.
-¿Y a tu hermano Óscar le han gustado los regalos que le hemos traído?
-Sí –apagadamente.

Silencio.

-Ay, perdón, tú no tienes hermanos, ¿verdad?
-No.


Quero denunciar isto publicamente porque teño a grave sospeita de que este señor NON ERA O VERDADEIRO REI.

6/1/06 13:54  
Anonymous Anónimo dixo...

Que lle puxeron os reises a vaca?

6/1/06 15:23  
Blogger O Nadador dixo...

Se vos interesa saber a verdadeira orixe dos reis magos podedes pedirlle a Fravernero, señor do blog trasalba.blogspot.com, que lle quite po a un artigo no que explica que eran catro zoroastristas.
Cos reis magos pasa o mesmo que coa lotería ou co ligoteo nocturno: a ilusión é o que conta.

6/1/06 22:15  
Blogger Marinha de Allegue dixo...

Que lles pideu os reis?, e finalmente que lle trouxeron?.
Unha aperta.
:)

7/1/06 00:47  
Blogger eue dixo...

Tamén lle pasa a "leises" o do plural redundante.
Creo que é para subliñar que son demasiados, en ambos os casos ;-P

7/1/06 21:45  
Anonymous Anónimo dixo...

Parece mentira que a estas alturas do mes de Xaneiro aínda teñamos estas dúbidas existencialistas. Xa quedou ben claro que existen e que son catro, como ben recordou Arsenio.

9/1/06 02:30  
Blogger edu dixo...

querida xente. desculpade pola demora en contestar. na fin de semana non estiven moi conectado e onte foi un día duro na oficina.

os catro reises esquecéronse completamente de min. debeu ser por tanto cuestionamento irreverente. mellor trataron a'ohqtomr, aínda que está en proceso de cambiar os trebellos tecnolóxicos que lle trouxeron. pero quedou contentiño o home.

na familia non se estila facerlle carta aos reises. fanlla só os pequenos. unha vez que te enteras daquilo de que "os reises son os pais" fanche a puñeta, dalgún xeito. xa non podes pedir e os reises tráenche o que lles peta.

con este sistema engádese sorpresa ao asunto pero moitas veces tamén decepción. a estratexia consiste en ir deixando pistas ao longo do ano (igual que co "post do ano" o prudente é deixar as pistas importantes no mes de decembro).

a sorpresa, de todos os xeitos, está ao descubrir cal das pistas quedou rexistrada polos "reises". e alí mesmo está, moitas veces, a decepción.

10/1/06 08:30  
Anonymous Anónimo dixo...

¿É Papá Noel un infiltrado republicano?

10/1/06 11:51  
Anonymous Anónimo dixo...

Pois falando de que os reis son catro, vouvos contar outra cousa simpática.

No concello onde son eu houbo unha cabalgada que foi percorrendo todas as parroquias. Había unha carroza na que viñan os tres reis pero, ademais, a revolución total: había outra carroza na que viña PAPÁ NOEL.
Na miña parroquia os nenos (e eu tamén) estaban agardando polos reis no local dunha asociación que hai aquí.
Pois resulta que cando chegaron os reis, entraron os tres saudando e repartindo caramelos(confeso que impresiona moitísimo ver un rei mago en persoa), sentaron nos tronos acondicionados ao efecto, sentaron aos nenos no colo... en fin, xa sabedes.
O curioso foi que, no medio de tanta felicidade, Papa Noel non entrou.

Quedou fóra fumando un cigarro.

11/1/06 23:00  

Enviar um comentário

<< Voltar