22.1.06

cita

«Co século XX, o paradigma para interrogar as cousas, os feitos, os seres, parece que se modificou. O século XXI non fai senón seguir as novas pautas. Cales? O "que é?" grego, ese "ti" metafísico que bota en falta Heidegger achacándoo a un suposto "esquecemento do ser", viuse substituído polo "cando?". Xa non "que é a arte?" senón "cando hai arte?". Xa non "que é o destino?" senón "cando hai destino?".»

jordi bonells, la segunda desaparición de majorana. madrid, funambulista, 2005.
(a tradución fixémola ohqtomr e mais eu).

por certo, unha novela moi interesante a de bonells. vou ler máis cousas deste tipo.

4 Comentarios:

Blogger caravelete dixo...

Cando era neno había unha orquestra que tocaba nas festas que se chamaba "Los Mejoranos", a xente chamáballes "os mejóranos", xa se sabe que a etmimoloxía popular é sabia, e boa falta lles facía a mellora, pero o caso é que eles o nome levábano pola pranta da mejorana, que se chama en "científico" majorana, e en galego non che sei.
¿Que ten que ver todo isto co teu post? que mo recordou o título da novela do sr. Bonells, e como cos trebellos estes para falar non fai falta nin gastar saliva... pois iso.

26/1/06 18:30  
Blogger edu dixo...

non explica bonells o nome do seu personaxe, aínda que podería, xa que non parece moi italiano e o personaxe da novela éo.

un físico célebre que escolle desaparecer do mapa agochándose detrás dun nome novo nun lonxano país do sur de américa que xa imaxinará vostede cal é.

27/1/06 08:41  
Blogger Unknown dixo...

Só puntualmente e respecto á arte, creo que a pregunta máis correcta é, cal é a natureza da arte, dende esa presentación, estaríamos en “mellor” disposición de avanzar polo cada vez máis complexo mundo da arte, da vida.

28/1/06 10:53  
Anonymous Anónimo dixo...

E Aisa retornou despois de hai tanto para puntualizar que o señor Bonells di verdade..., pero semella un tanto obvio...
Einstein xa amosou que o tempo non é máis que unha outra dimensión, unha máis, así que tanto dará preguntar "que-cando"... ou mesmo "onde?"
Vivimos xa rodeado-as de virtualidade... non sería preciso interrogarse tamén "onde a arte?" onde o destino?" porque as veces as cousas están pero non están, ou sexan están sin estar, como este blog... "onde está?" No meu ordenata, no de todo-as nós...
En fin que xa deixamos de preguntarnos sobre a esencia das cousas poruqe seica a esencia das cousas non sexa inamovible, o seica sexa esa capacidade de ser movemento...
IDEA: recuperemos para a lingua ese arcaico e eufónico xeito de preguntar "Ú-lo arte?" e traduzámolo no s.XXI por onde-cando-que a un tempo.

buf, qué lío, e que ler a Heidegger trae consecuencias!

3/2/06 20:08  

Enviar um comentário

<< Voltar