3.2.06

a'treu

onte ohqtomr participou dun recital poético no centro social a'treu da coruña. pasouno ben, disque. eu non fun porque as vacas normalmente incordiamos un pouco neses sitios de paso tan pequeno.

fíxolle ilusión porque o resto de participantes eran xente nova e iso sempre está ben.

e mais o recital foi longo pero non llo pareceu.

ohqtomr leu poemas do seu libro novo.

e mais participou arsenio iglesias, un bo poeta, moi bo, que traballa dende hai xa anos c'ohqtomr nun dos seus obradoiros, o de fene. así que xa imaxinades que ohqtomr estaba encantado. ademais, á xente gustoulle moito o que leu arsenio e como o fixo.

maría lado prometeu colgar fotos no blog pero ben se ve que a noite de onte foi longa.