12.2.06

todo borroso

dende lonxe vese todo borroso.

vin pastar a fin de semana en pastos duros do sur. e dende aquí detéñome no sopor da sesta (si, sopor, non sei se pola nube de pó sahariano ou pola falta de hábito, pero sopor) a dar unha volta polos blogs.

ben se ve que ultimamente o traballo non me dá marxe para moitas florituras.

atopo un debate do que non soubera e todas as reflexións ao respecto danme preguiza. porén:

- a'ohqtomr só xerais lle pagou puntualmente dereitos de autor. non quere entrar na discusión sobre se os editores deben ou non deben pagar dereitos de autor (debate aburridísimo porque as distintas posturas parten de premisas ideolóxicas irreconciliábeis), nin moitísimo menos en se merece ou non merece recibir tales compensacións (debate inútil por pouco obxectivábel) pero quere deixar claro que os editores que non lle pagaron nunca un peso si que lle fixeron asinar un contrato onde figuraba a obriga que asumían de facelo.

- di aquí que el non tería ningún problema en ceder (de palabra ou por escrito pero de feito "contante e resoante") os seus dereitos de autor aos editores que teñen a ben publicar e distribuír os seus libros, mesmo a pesar de que ás veces preferiría matalos polo pouco entusiasmo demostrado na difusión e reposición dos libros que, sorprendentemente, se venden nas librarías. mesmo a pesar de que os tales editores non renuncien aos seus beneficios nin lle reclamen renuncia equivalente a distribuidores, impresores e libreiros.

- pero deixa claro que preferiría renunciar expresamente e non "por defecto" e "agachadamente".

polo demais, amb@s @s d@@s pasámolo mellor paseando por sevilla que escribindo obviedades cabreantes.

definitivamente é moito mellor manterse desinformado.