17.3.06

aquí (intemperie)

onte estiven "aquí" na intemperie de olalla.

foi un acto moi cheo. as presentacións estiveron moi ben no seu sitio (gustoume o texto que preparou marilar). olalla falou do seu libro, do seu aquí en humidtown, dos seu aquí na poesía.

coma sempre sucede nas presentacións e como decía szymborska nun poema que lía ás veces miro, eran case tod@s amig@s e parent@s

respirábase no ambiente moito cariño. @s amig@s de olalla son moitos e agarimosos.

do libro non digo nada porque aínda non tiven tempo de lelo. onte pola noite rematei de preparar a presentación desta tarde en fene.

nos viños posteriores (foi auga, no meu caso, facilitada por sara jess) tiven ocasión de arrexuntar argumentos para a seguinte disquisición:

ben podería facer unha convocatoria parecida a aquela do señor pito hai uns meses...

ou mellor decisión será escribir un poema?

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Sempre que leo estes comentarios sinto pena de non poder participar no esencial que é a poesía,(non resido en Galicia), en canto á auga facilitada por Sara Jess e sen animo de publicidade, supoño que sería Cabreiroa, considerada a Perrier das augas do estado, de calquera maneira onde estea un bo ribeiro ou un ribeira sacra, non hai auga nin de Lugo nin de Ourense que se lle resista.
Unha aperta
;)

19/3/06 19:34  

Enviar um comentário

<< Voltar