plaxio ou morro
un denunciante anónimo infórmame que na edición de ferrol da voz de galicia do domingo sae este artigo sen facer referencia á fonte. isto provocou en min dous remoementos:
1) hai tempo vin a mesma noticia no mesmo xornal dous días seguidos tal cual. pero isto xa é o autoplaxio levado ao extremo.
2) vou ter que poñer o blog (ou, cando menos, o post célebre) baixo licencia de creative commons... e facerlle parella recomendación a nacho mirás.
1) hai tempo vin a mesma noticia no mesmo xornal dous días seguidos tal cual. pero isto xa é o autoplaxio levado ao extremo.
2) vou ter que poñer o blog (ou, cando menos, o post célebre) baixo licencia de creative commons... e facerlle parella recomendación a nacho mirás.
7 Comentarios:
Que lle sirva de lección aos que non se cansan de dicir que todos os xornalistas somos iguais. ¿A que non somos todos iguais? O outro día, en certo xornal que se vende conxunta e inseparablemente con outro, recreaban unha historia sobre os edificios máis altos de Santiago sorprendentemente parecida a unha que fixera este que escribe. Xa ves como está o patio...
...sei que non chegaría o sangue ó río, pero sería interesante ver o resultado da primeira(?) denuncia por plaxio baixo licencia CC...
...prácticas lamentables a dalgúns xornalistas...
iso é o malo: que os xornalistas que facemos o traballo con coidado acabamos levando os golpes polos que non teñen vergonza.
pois si que dá de si o pós célebre aquel...
en canto a profesión de xornalista, coma en calquera, hainos bos e malos, con e sen ética nin estética...
realmente os blogs som uma fonte de informaçom de proimeira man, máis fresca incluso que os jornais "on-line" o teu post nom era para menos que para publicalo en varios jornais, pero deijando claro que vem do teu blog alomenos...
realmente, txari, a min impórtame pouco que a xente use o material do blog mesmo sen citar fonte.
o post viña sobre todo motivado porque flipei vendo a mesma nova publicada outra vez no mesmo xornal coma se dunha orixinalidade se tratase.
non adoita ter un a ocasión de detectar este tipo de copy+paste e a sensación que me queda é a de que debe ser moi moi habitual.
de todos os xeitos, en xeral creo que a xente debería recoñecer de onde quita a información.
que non está mal copiar. está mal facer como que non copias.
Moderno periodismo de investigación, chámase iso, :-(
Enviar um comentário
<< Voltar