próximo aniversario
este venres 24 de marzo fanse 30 anos do último golpe militar en arxentina. o de videla, cando derrocou a isabel martínez, presidenta inesperada pola morte de perón.
a historia dende aquela é máis ou menos coñecida. unha ditadura sanguinaria que durou sete anos e deixou no camiño trinta mil persoas desaparecidas, un país rematado de desangrar economicamente, unha guerra insólita e unha xeración devastada.
algunhas desas persoas desaparecidas, mulleres que foron secuestradas embarazadas, deron a luz os sus fillos nos campos de reclusión, quitáronlles os fillos, matáronas e entregaron os nenos de modo ilegal a outras familias.
nos últimos anos foron aparecendo algunhas poucas fosas comúns. porén, os corpos de moitos dos desaparecidos probabelmente estean no fondo do río de la plata. grupos do exército e mais a forza aérea lanzaran ao río-mar un número non determinado de persoas vivas, atadas e amordazadas. é o que se coñece como "vuelos de la muerte".
a acción persistente das avoas da praza de maio permitiu recuperar un número aínda pequeno pero significativo daqueles nenos nados en cativerio. seguen traballando.
da derrota nas malvinas regresaron moitos rapaces de dezaoito e dezanove anos, feridos algúns, traumatizados todos. o país botou un manto de esquecemento sobre eles. uns por esquecer unha guerra inverosímil, inventada para tentar soster unha ditadura militar agonizante. outros por agochar os resultados lamentábeis dunha aventura militar tan mal proxectada e tanto peor levada a cabo. o goteo de suicidios dentro do colectivo de ex-combatentes de malvinas non se detén.
o regreso á democracia (o 30 de outubro de 1983 tiveron lugar as eleccións que gañou raúl alfonsín) trouxo:
- unha agudización da pobreza (coa colaboración inestimábel do fmi),
- uns xuízos exemplares ás cúpulas militares,
- dúas leis (durante o goberno de alfonsín) de dubidosa legalidade que deixaron en liberdade a meirande parte dos xenocidas,
- uns indultos (asinados por carlos menem) que deixaron en liberdade os xenocidas que non se beneficiaran das leis anteriores.
moitos dos asasinos regresaron despois ao cárcere polo secuestro dos nenos.
moitos outros están regresando pola recente declaración de nulidade das leis de alfonsín e mais os indultos de menem.
as nais da praza de maio xa non dan voltas á pirámide da praza. van maiores, moitas morreron na barricada.
os militares aparentan respectar o marco institucional pero está demostrado que aínda hai moito que facer alí dentro.
o país está quebrado, economicamente e tamén moralmente. quere ter esperanzas pero decote topa co autoritarismo de gobernantes ineptos e inmorais.
moito traballo queda por facer en arxentina. xa non só para recompoñer o tecido produtivo, senón para reconstruír una rede social que se sosteña en principios de convivencia. non é pouca tarefa. o caso é empezar.

1 Comentarios:
e todo iso sen falar lo importantísimo e determinante rol da Igrexa Católica no exterminio de todo dios que pensara diferente e puidese oporse á implementación dun programa económico que fixo ricos tanto máis ricos e pobres tanto pero tanto máis pobres.
Sempre me pregunto se ves as cousas tan claras por vivires fora o simplemente por ter vivido acá. Coido que as duas cousas...
Enviar um comentário
<< Voltar