premios xustos e inxusto
non fun moito ao teatro o ano pasado. pero si tiven ocasión de ver o tío vania d'a factoría teatro nas funcións de estrea na sala nasa.
o tío vania é un texto ao que teño aprezo dende que vin a magnífica versión cinematográfica de louis malle. e ía ao d'a factoría con algo de medo despois de ver unha horrible montaxe dirixida por miguel narros.
onte o espectáculo levou unha presada de premios maría casares, os que outorga a asociación de actores, directores e técnicos de escena de galicia. aínda sen ver algúns dos espectáculos cos que competía, penso que estes premios son merecidísimos. mais teño que poñerlles unha pega gorda.
para o premio á mellor actriz había dúas nominadas do mesmo espectáculo.
e o premio, inxustamente, non foi para rocío gonzález, deliciosa e poderosa en sonia. unha mágoa: igual có personaxe na historia de chejov, na escena comunica emoción contida e serve de ligazón sólida para o traballo dos seus compañeiros de reparto. merecíao.

1 Comentarios:
Rompo unha lanza en favor de Rocío, magnífica actriz e amiga. Unha persoa que de verdade ama actuar.
Enviar um comentário
<< Voltar