rúa donmanuel
como xa moitos saberedes, o concello de santiago proxecta darlle o nome do ínclito a unha nova rúa da cidade.
anda por aí circulando unha proposta contraria á tal iniciativa. podedes asinala aquí.
ohqtomr di que non lle encantou o manifesto, pero asinouno igual.
di que cando un argumento é bo e suficiente non é necesario dar trinta.
eu penso que non se pode dar o nome dunha rúa a unha persoa que fixo parte dun goberno imposto, autoritario, fascista, responsábel da morte ou desgraza de miles de persoas.
e moito menos cando nunca manifestou ningunha caste de arrepentemento por telo feito.
argumenta o alcalde de santiago que non se lle dará ao señor fraga iribarne o nome dunha rúa polo seu pasado franquista senón polo ben que fixo por santiago durante dezaseis anos de goberno da xunta.
paréceme unha actitude propia dunha persoa con manifesta cortidade de miras. non se dá o nome dunha rúa a unha actitude puntual (por outra parte discutíbel) senón a unha persoa completa, co seu currículum todo.
cómpre facer moita forza para que este proxecto non vaia adiante. calquera iniciativa cidadá é importante. e mais agárdase dos representantes nacionalistas na corporación unha postura activa e belixerante neste mesmo sentido.

9 Comentarios:
Maxote: no digas tonterías y cómete un heladito de fresa, que el tiempo está para ello.El alcalde Bugallo sabe bien lo que hace y el pueblo también.Así que deja a Fraga y céntrate en darle de pastar a las vacas, ándale!
ouh! que ben.
estar na mira do inimigo quere dicir que vas polo bo camiño.
A verdade é que eu non estou moi ben enterado de como leva o alcalde de Santiago o concello e polo tanto non o vou a criticar a el directamente pero do que si estou seguro é de que hai moitísimas persoas que teñen moito máis merecido que se lles adique unha calle. E na miña opinión entre elas non se atopa Manuel Fraga.
Non sei ben por que motivos o fará, ó mellor para quedar a ben con algunhas persoas que non son da súa acera aínda que creo que máis ben o que consigue é defraudar a moitas outras que si o son.
Claro, claro, quedar ben. Fagamos a vista gorda, o políticamente correcto era ser fascista daquela, e agora ser un morno socialista que nunca dirá nada disonante ás orellas da xente ben, dos "buenos de toda la vida", vamos.
No fondo no poder sempre estiveron os mesmos (a mesma clase de xente)
A ponte entre Arbo e Portugal chamase asi. Flipei.
Así vai o mundo... Uns fan mal e nunca pagan e outros teñen que andar a dar contas todos os días...Pero non pasa nada, porque hai xente que nos convida a xelados de fresa!. Fagamos a vista gorda. Ah!, por certo: Cando sexa rica e teña unha rúa co meu nome ( despois de condear a algúns cantos. Iso non ten ningunha ciencia...), recordádeme que vos faga Sushi.
Agora xa terá moito para dicir a súa frase predilecta: "la calle es mía". E tanto que é súa.
A cidade da cultura, que estamos investigando unhas compañeiras e máis eu, disque planeaba chamarse así, ou algo semellante alomenos. Sinto falar en plan aquihaytomate, pero non é nada seguro... De tódolos xeitos, a min xa non me extraña nada
"La calle es mía"... Deixade que o fagan, sempre será un pracer cambiala de eiquí a un tempo...
Por certo, o Bugallo lémbrame a outra "besta parda" que anda polo concello de Lugo e que estes días soa para a diputación, dende logo, preparado debe estar porque a cacique non lle envexa nada o actual titular...
Enviar um comentário
<< Voltar