2.5.06

un traballo máis duro do que debería

ohqtomr vai ser estes días membro do xurado dun premio literario.

non lle imos pedir que nos conte que textos lle gustaron máis, que esas son cousas que non se din. pero si que o vin rosmar toda a fin de semana mentres lía os textos participantes e pregunteille.

e resulta que anda cabreado pola cantidade desorbitada de horrores de ortografía que atopa nos textos.

-é mal xeralizado nestes tempos -dígolle, procurando calmalo.

-pero é xente que está querendo facer literatura! -desespérase-.

»non digo que haxa que nacer aprendido -segue-. ademais, moitas veces sábese que non é ignorancia. eu penso que só se trata de facer as cousas cun pouco de cariño. o descoido, a falta de atención e o desinterese polo traballo ben feito son un poroblema moito máis grave do que poñer mal un acento, cambiar un "b" por un "v" ou colocar os pronomes do lado que non é.»

ten razón.

12 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

os premios literarios son todos unha carallada.o único que aportan é chanchullaxe endogámica por todas partes.non creo neles.é puro amiguismo,nada máis.a literatura é outra cousa,afortunadamente.

2/5/06 17:02  
Blogger edu dixo...

ui...

eu non sei nada d' "os premios literarios".

só podo dicirche que sempre que estou nun xurado procuro valorar os textos independentemente dos meus gustos persoais e escoller o que honestamente me parece mellor.

neste caso concreto, trátase dun premio máis ou menos pequeno e é probábel que non coñeza ningunha das persoas que se presenta.

nos premios para libros de poesía procuro escaquear cando me piden de participar nun xurado porque non o paso ben cando atopo libros de amigos ou de alumnos dos meus obradoiros.

insisto, non estou falando máis que de min e da miña cativiña experiencia no tema...

e non era este o tema do post.

2/5/06 17:16  
Blogger edu dixo...

por certo, só estiven, antes deste, en dous xurados de premios para libros.

nos dous atopei libros de xente que coñecía e mesmo dalgún colega.

os dous gañáronos persoas das que non oíra falar na miña vida antes de abrir a plica.

pero supoño que a alguén que opina o que "manuel antonio" pouco efecto terá o que eu poida dicir.

2/5/06 17:28  
Anonymous Anónimo dixo...

non home, non digo que non haxa xente honesta, con criterio e que lea os libros presentados ós concursos.é verdade que os hai, pero permíteme que sexa escéptico neste tema porque a experiencia obrígame a selo.pero disculpa que xeneralizase.non era a miña intención -e menos no teu caso- a quen admiro literaria e persoalmente.

2/5/06 18:29  
Blogger torredebabel dixo...

mellor non digo nada porque o meu galego é deses que teñen "unha cantidade desorbitada de horrores de ortografía". Pero non é por desinterese senón por descoñecemento e falta de boas clases acá...

3/5/06 01:21  
Blogger acedre dixo...

E triste que se presente xente con erros ortograficos. o minimo que podian facer e levalos a corrixir a alguen que saiba, vamos, digo eu.

3/5/06 04:37  
Anonymous Anónimo dixo...

Cando se aspira a un premio, (e cando non) coido que efectivamente se ten a obriga de facer ben o traballo, ou alguén pode pensar que o vai facer mellor se gaña.
Un saúdo

3/5/06 09:54  
Blogger edu dixo...

señor manuel antonio/álvaro cebreiro, non serei eu unha vaca ruborizada pero teño aquí un humano de todas as cores.

torredebabel, a vostede desculpámosllo todo. e nin moito esforzo hai que facer porque, pode crerme, utiliza un galego moitísimo máis correcto do que algúns que teño por aquí.

acedre, sz: por aí é que van os tiros. o dos erros de ortografía eu creo que é un síntoma da falta de seriedade con que moitos fan as cousas.

3/5/06 11:12  
Blogger osondaxordeira dixo...

Todo radica no cariño co que se fan as cousas. Pero dende logo é motivo para preocuparse.Cando eu quero correxir un texto sempre llo dou ao señor ohqtordv, e nunca se trabuca. É coma unha bala.

3/5/06 19:10  
Blogger Peke dixo...

A min tamén me horrorizan os textos con erros ortográficos. Co doado que sería preocuparse pola correción. Pero é máis cómodo non molestarse por aprender.

3/5/06 19:59  
Anonymous Anónimo dixo...

pois vaquiña, vostede tamén ten erros ortográficos. aquí o que máis e o que menos...

3/5/06 22:09  
Blogger edu dixo...

home, señor anónimo! que ninguén naceu aprendido!

ben sei que aínda teño moito por andar neste senso. pero creo que hai unha diferencia entre o ritmo de publicación dun blog e un traballo que se entrega a un premio literario.

doutra banda, humildemente, en case un ano de publicar cousas no blog non creo que poida vostede atopar a cantidade de erros ortográficos que eu atopo nalgúns traballos de tres ou catro páxinas.

pensa vostede que eu ía publicar un post por un acento despistado, un pronome cambiado de sitio ou un "botar a andar" con v?

4/5/06 10:36  

Enviar um comentário

<< Voltar