o "noso" avelina valladares
peta
co océano enteiro atrás desa porta
sente achegárense dentro
pasiños mornos
pés pequenos de andrea
de seguido
retórcense as entrañas do ferrollo
ata un estalo rotundo que soa a fractura
e dentro
de súpeto
prolóngase un silencio
impropio
unha quietude desconcertante
antes de abrir
e a el deténselle todo o sangue no peito
e logo rebenta e espállaselle polo corpo a golpes brutos
con todo
moi
interiormente
ese sinal de incerteza confórtao
aí dentro
andrea comparte con el
sensacións do corpo
---------------
este poema fai parte de ático, o libro co que arsenio iglesias pazos vén de gañar o premio avelina valladares. arsenio, que pasa de cando en vez por esta leira e fainos grata compaña, leva xa uns cantos anos no obradoiro literario que coordina ohqtomr na biblioteca municipal de fene. xa gañara algún premio cun relato hai uns anos pero este é o seu primeiro libro de poemas e vai saír publicado.
ohqtomr púxose que non vos podo explicar de contento cando recibiu hai un par de horas a chamada de arsenio. faltoulle tempo para voltar á casa e deixar aquí constancia da súa alegría. hoxe miro eu polo seu ollo.
co océano enteiro atrás desa porta
sente achegárense dentro
pasiños mornos
pés pequenos de andrea
de seguido
retórcense as entrañas do ferrollo
ata un estalo rotundo que soa a fractura
e dentro
de súpeto
prolóngase un silencio
impropio
unha quietude desconcertante
antes de abrir
e a el deténselle todo o sangue no peito
e logo rebenta e espállaselle polo corpo a golpes brutos
con todo
moi
interiormente
ese sinal de incerteza confórtao
aí dentro
andrea comparte con el
sensacións do corpo
---------------
este poema fai parte de ático, o libro co que arsenio iglesias pazos vén de gañar o premio avelina valladares. arsenio, que pasa de cando en vez por esta leira e fainos grata compaña, leva xa uns cantos anos no obradoiro literario que coordina ohqtomr na biblioteca municipal de fene. xa gañara algún premio cun relato hai uns anos pero este é o seu primeiro libro de poemas e vai saír publicado.
ohqtomr púxose que non vos podo explicar de contento cando recibiu hai un par de horas a chamada de arsenio. faltoulle tempo para voltar á casa e deixar aquí constancia da súa alegría. hoxe miro eu polo seu ollo.
6 Comentarios:
Ler este poema é como tomar un caramelo docísimo e moi saboroso. Tanto para os que lles gusta o doce como para os que non.
Non lin os outros poemas que competiron con estes pero, aínda así, creo que ben merecido tiña o premio.
parabéns a arsenio e tamén a ti) por levarvos unha pequena pérola da Estrada ( QUE XA É DICIR )
gústame ese poema...
gústame andrea...
e gústame o seu dono...
mentras leía seus versos
un océano enteiro
tamén chamou a miña porta
mais non fun quen
de abrirlle
ainda con esas colouse
por baixo da porte
ata chegar
a miña cociña
aproveitei a agua
para darme un chapuzón
¡¡¡ moitas felicidades para arsenio !!!
semella que é un bó rapaz
seguro que lle podes facer chegar os meus parabéns a Arsenio; lin ático pois tamén o tes noutro concurso. Paréceme un libro excelente. Gustoume especialmente o poema da nai "tenerife". Móstrase que paga a pena facer obradoiros de literatura como o de Fene.
Claro que vale a pena facer obradoiros como o de Fene. Ademáis eu podo garantir que no obradoiro de Fene, en concreto, apréndese moito e estou seguro de que quen queira aprender a escribir ou mellorar a súa forma de escribir alí o conseguirá.
la a tod@s :)
Ohmqrodv, moitísimas grazas polo que dis. Ata o día que morra, sempre insistirei
en que eu xamais escribiría un só poema se non fose que me apuntei ao teu
obradoiro.
O día da nova chamoume unha chea de xente para felicitarme
e o primeiro que me dicían todos era "avisoume Ohqrodv de que
gañaras".
É unha sensación moi curiosa ler un poema propio nunha páxina de
internet, sobre todo porque a pantalla na que o estou lendo é
exactamente a mesma na que o escribín, pero a perspectiva varía moitísimo.
Cheguei a dúas conclusións
urxentes: teño que cambiar XA "desconcertante" e "espállaselle", hehe.
Por outro lado, moitas grazas a Merlín polo que di e noraboa enorme polo seu
premio no Francisco Añón :).
Grazas a osondaxordeira, que supoño que será quen penso que é. Se o día da
presentación andas pola Estrada e che apetece vir, xa che irei falar e darche un
bico :).
Grazas tamén ao convidado anónimo polo seu poema e polas palabra bonitas. Es a
única persoa da que ignoro completamente a súa identidade. (Conste que algo sospeito.)
E, para acabar, moitísimas grazas a Marilar, que supoño que tamén será quen penso que
é, porque quedei cos ollos coma pratos cando lin o seu comentario.
Téñolle un afecto moi especial a "tenerife", non é casualidade que sexan os
versos que pechan o libro, pero ese afecto cobra unha
dimensión indescritible cando alguén chamada Marilar di que o libro lle parece
excelente e que ese poema lle gustou especialmente.
Buf!!! Os ollos coma pratos, xa digo. :)
Enviar um comentário
<< Voltar