varas de medir
comparemos.

españa aprobou a constitución europea tras un referendo no que votou "si" un 32% do censo.
cataluña aprobou onte o estatut cun referendo no que votou "si" un 36% do censo.
aquel 21 de febreiro de 2005, día seguinte do referendo polo tratado europeo, el mundo empezaba así: "La Constitución Europea ha aprobado con nota su primer examen en las urnas".
hoxe, o titular é: "La baja participación marca la aprobación del nuevo estatuto catalán".
non penso que o proceso do estatut quede pechado correctamente tras a devaluación á que foi sometido nas cortes.
non me parece que unha participación cidadá tan baixa sexa cousa de celebrar
non estou convencido de que nación sexa o máis importante dunha reforma estatutaria (nin para votar "si" nin para votar "non") (se andalucía, o paradigma da nacionalidade española, é agora realidade nacional de que vale que o sexan cataluña ou galiza?)
non creo que a política dos partidos toque a música que tocan as necesidades da xente
non creo que a responsabilidade sexa só dos políticos. aquí non estamos en francia e iso é responsabilidade da desidia da xente, de todos xuntos e de cada un por separado.

2 Comentarios:
Aquí, en Galicia, non debemos permitir de ningún xeito que o goberno invirta unha lexislatura en reescribir papeis e non faga ningún outro cambio de utilidade social máis inmediata. A fin de contas, a política, como calquera cousa neste mundo, non é unha fin en si mesma.
É vostede demasiado racional para este mundo. Dígalle ó vitrinario que llo mire, porque se non, aínda vai acabar vostede de carne para hamburguesas
Enviar um comentário
<< Voltar