24.6.05

Xornalistas ou cociñeiros?

Non son xornalista. Así que igual vou comentar un asunto que é archisabido por tododiós. Mesmo eu "sabíao" (intuíao, supoñíao, ...). Será que hai cousas que un prefire non atender...

Pero é que hoxe lin un artigo na web Voz de Galicia e, pouco despois, lin outro sobre o mesmo tema en Terra.

Retoque aquí, retoque alá, pero exactamente o mesmo.

LVdeG di que a fonte é "Agencias". Terra di "Terra Deportes-EFE".

O traballo do xornalista consiste unicamente en cociñar refritos?

É un signo dos tempos. O século XXI será o de "Copiar"/"Pegar".

2 Comentarios:

Blogger Ian dixo...

Pois, efectivamente, o refrito é o xénero xornalístico básico. Aínda que tamén o é das memorias, programación educativas e programas políticos. Saúdos e parabén por ter un ollo de vaca tan agudo.

27/6/05 12:54  
Blogger edu dixo...

un organismo líder na produción de refritos é o fmi.

os seus especialistas ían polo (terceiro) mundo adiante, supostamente a "estudar" as economías locais e así poder facer as súas famosas "recomendacións".

na realidade botaban un par de semanas a corpo de rei e, finalizado o prazo, entregaban o refrito.

unha década perdida na economía do terceiro mundo.

27/6/05 13:10  

Enviar um comentário

<< Voltar