finde (semana)
botei a fin de semana na capital do imperio pequeno. fun e vin en coche, moi ben acompañado. como iamos contracorrente (todos os camiños conducen á mesma obviedade) agardabamos pouca cola pero á volta tocounos unha pouco explicábel á altura da pequena cidade. non tiñamos pensado morrer nesta fin de semana e, malia os agoiros, non morremos.
moi en contrario, renacemos un pouquichiño con coñecemento de novas xentes, doutras xa coñecidas hai (moitos!) anos e coa necesaria dose de arte.
ohqtomr pensaba botarlle un empurrón á corrección do seu novo libro pero tampouco non lle veu mal desconectar de todo.
a ver se lle serve para anovar tamén os azos nas súas obrigas cotiás.

3 Comentarios:
O mellor é estar ben acompañado (e non se lastimar), pero saír uns días a pacer noutros campeiros é do máis saudable. Eu aínda estou rumiando felizmente a última escapada.
a boa compañía é case o único necesario para pasar ben o tempo. A ver se co descanso merecido atopamos novos poemas no libro en construcción! Apertas!
efectivamente, o aire fresco é moi pero que moi saudábel. aínda que, para respirar dese ao que me refiro, haxa que marchar a sitios tan contaminados como a capital do imperio pequeno.
ohqtomr estivo o venres na porta do thyssen empezando a dar forma a un texto novo. pero é un terreo que non pisara aínda e di que aínda ten que remoer (todo se pega) un pouco o asunto antes de pechar unha primeira versión.
non sería raro que saíse algún outro texto antes. a historia de kant e lampe está a darlle voltas na cachola dende hai uns días. por iso ás veces quero eu soltar un texto aquí pero está moi ocupado el e pasa de min.
Enviar um comentário
<< Voltar